O luns 4 contarase cos pasarrúas de Airiños do Paseo de Colón, ás 19.30 horas, e da charanga Os Celtas, ás 20.00 horas. Xa pola noite, será a quenda da orquestra América de Vigo e maila discoteca móbil CDC. As festas da Madalena pecharanse finalmente o martes 5 de agosto coa actuación da orquestra Olympus, o DJ compostelán Kike Varela e a disco móbil CDC da man de Marcos Magán.
Programación Festas da Peregrina
Bertamiráns dará comezo ás festas da Peregrina o mércores 6 co pasarrúas, ás 19.00 horas, da charanga Compostela, mentres que á noite será a quenda da orquestra Cinema e o DJ Sergio Telmo. O xoves 7 será un dos días máis destacados, coas actuacións da orquestra Panorama e a disco móbil CDC. Nesta xornada será tamén quenda da charanga BB+, que ofrecerán un pasarrúas ás 19.00 horas.
De seguido, o venres 8 de agosto, chegará outro dos pratos fortes das festas, co concerto de Mondra no parque do Ameneiral, a partir das 21.00 horas. O teense é un dos artistas máis destacados da escena musical en galego na actualidade e está a presentar o seu último traballo “De Ronda”. Ademais, nesa xornada contarase co pasarrúas, ás 19.00 horas, da charanga Os Celtas, mentres que na verbena amenizarán a noite a orquestra Charleston Big Band e a disco móbil nova CDC visual.
Para o sábado 9 están previstos os pasarrúas de Requinta da Amaía, ás 11.00 horas, e o de Coral Lojo Batalla, ás 21.30 horas. Á noite actuará a orquestra Metrópolis e a discoteca móbil CDC.
No peche das festas da Peregrina, a orquestra Compostela será a encargada de poñer a música. Primeiro, na sesión vermú que se celebrará ás 14.00 horas, e, á noite, na verbena, que comezará a partir das 23.00 horas. Así mesmo, contarase coa actuación da banda de música de Calo ás 11.30 horas na Praza da Maía e o pasarrúas de Airiños do Paseo de Colón ás 12.00 horas. O pregón de peche terá lugar ás 22.30 horas, a cargo de Ronald Rojas, migrante de Venezuela que leva xa varios anos residindo en Bertamiráns xunto coa súa familia. Así mesmo, nesta xornada contarase
Atraccións sen ruído
As festas do Milladoiro e Bertamiráns deste ano contarán cun horario de atraccións sen ruído durante todas as xornadas festivas. Deste xeito, apóstase por realizar unhas festas máis inclusivas nas que toda a veciñanza poida gozar dos festexos. O horario das atraccións sen ruído será tódolos días de 19.00 a 21.00 horas, en ámbolos dous núcleos poboacionais. Deste xeito, as persoas con sensibilidade auditiva poderán gozar das atraccións durante as xornadas festivas.
Ademais de dita iniciativa, no Millarock, contarase con mochilas vibratorias para as persoas con discapacidade auditiva. Deste xeito, dáse continuidade a unha iniciativa que se puxo en marcha no concello por primeira vez nas Prebadaladas 2024. Por outra banda, tamén se contará cunha plataforma elevada con rampla para as persoas con mobilidade reducida, creando así un espazo adaptado para garantir que estas persoas poidan gozar do evento en condicións de igualdade.
Festival Emerxente
A principal novidade do Ames en Festas deste ano é celebración no parque do Ameneiral da primeira edición do Festival Emerxente, unha iniciativa que ten como obxectivo ofrecer aos artistas mozos e emerxentes do concello, e da súa contorna, unha plataforma onde poder presentar os seus traballos en directo. A cita será o xoves 7 de agosto pola tarde e contará coas actuacións de Helena Pazos, Mr. T, Lepayitss e Komojo.
Romaría urbana
Ademais, como parte das festas da Peregrina, celebrarase a unha nova edición da Romaría Urbana, que terá lugar no parque do Ameneiral o sábado 9 de agosto. Comezará ás 13.30 horas cunha sesión vermú. Ao longo de toda a tarde haberá diversas actuacións musicais a cargo de: Tabernarias, ás 13.00 horas; Arde, ás 14.30 horas; Monoulious Dop, ás 19.30 horas; Luis Fercán, ás 21.00 horas; e, finalmente, Biribirlocke que pecharán a romaría cunha actuación ás 22.20 horas.
Ao longo de toda a xornada haberá diferentes postos para poder xantar, obradoiros, inchables para os máis pequenos e moita música en directo. A través desta iniciativa, trátase de levar a festa ao centro de Bertamiráns para que a veciñanza poida gozar desta romaría e motivando así ao consumo nos establecementos comerciais e hostaleiros da localidade.
Festa infantil
Este ano, os máis pequenos da casa terán o seu oco particular durante o “Ames en Festas 2025” coa celebración dunha festa infantil gratuíta. Esta festa desenvolverase ao longo de dúas xornadas, unha no Milladoiro e outra en Bertamiráns, nas que os nenos e nenas poderán gozar de inchables, música e actividades especialmente dirixidas para eles.