Cinco encapuchados asaltan a nave municipal de Negreira e levan un vehículo de Protección Civil
Unha nave municipal do Concello de Negreira foi obxecto dun asalto na madrugada deste martes. Os ladróns lograron facerse co vehículo e remolque de Protección Civil e tamén con diverso material, entre o que se atopaban ferramentas, taladros, rebarbadoras e rollos de cable de cobre.
Líder Redacción
16 de septiembre de 2025 a las 19:23
Protección Civil Negreira
Segundo as primeiras pesquisas, os autores do roubo, cinco persoas con pasamontañas, accederon ao interior a través dun butrón practicado nun dos portais e tardaron arredor de media hora en completar a acción.
Foron os traballadores de limpeza da instalación municipal quen descubriron os feitos ao chegar pola mañá e deron a voz de alarma.
A Garda Civil mantén aberta a investigación para dar co paradero dos responsables deste golpe.



