Calo (Teo) celebra as Festas de San Xoán: «Onte estiramos a sesión vermú ata as seis da tarde»
Onte domingo 23 de xuño, a parroquia de Calo no Concello de Teo, preto de Santiago, daba comezo ás súas esperadas festas de San Xoán, marcando o inicio de catro días de intensas celebracións. Coincidindo coa tradicional ‘noite meiga’, milleiros de cacharelas arderon en Galicia, e Calo non foi a excepción. Unha fogueira que estivo acompañada por unha gran sardiñada e a popular ‘queima da cabra vella’. Dúas das orquestras máis importantes de Galicia, Olympus e París de Noia, encabezan as actuacións musicais dos próximos días.
