ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Brión aproba o convenio con Ames para o Programa Integrado de Emprego

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de febrero de 2026 a las 22:44

Compartir
  • Aprobada unha Declaración Institucional sobre o 8 de Marzo e unha moción contra as modificacións da Lei de Patrimonio

18 de febreiro de 2026.- A unanimidade caracterizou a sesión plenaria ordinaria de febreiro pois todos os puntos da orde do día, mocións incluídas, saíron adiante co voto a favor de PSOE, PP e BNG. Así, o Pleno dou o visto bo ao convenio de colaboración entre o Concello de Brión e o Concello de Ames para a concreación das actuacións para a execución conxunta do Programa Integrado de Emprego no termos da axuda económica concedida pola Xunta de Galicia.

Unha achega que ascende a 220.000 euros, sobre os 257.000 do total do proxecto que beneficiará a 100 persoas desempregadas de ambos os dous municipios. Os outros 37.000 euros son financiados con cargo ás arcas municipais de Ames e Brión. Deste xeito, o Concello brionés aportará 7.544 euros para a formación de 20 veciños e veciñas do municipio en situación de desemprego.

A maiores, o Pleno convalidou a encomenda de xestión realizada ao Concello de Ames para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas aditivas. Unha iniciativa presentada á Xunta de Galicia e que aínda está pendente de coñecerse se recibe ou non subvención.

Mocións

Na quenda de mocións, o Pleno aprobou un Recoñecemento Extraxudicial de Crédito de 2.008 euros para o pago de cotas na comisión de propietarios de Agronovo. Unha factura que tivo que aboarse vía REC debido a que a asesoría da comunidade de propietarios cometeu un erro na súa emisión, polo que a factura correspondente ao 2025 chegou ao Concello en 2026, obrigando a incoar este REC.

Os tres grupos municipais acordaron aprobar como Declaración Institucional a moción dos nacionalistas para conseguir avanzar en igualdade real e efectiva fronte ao rearmamento do machismo. Un texto moi similar aos aprobados en anos anteriores e no que se reafirma o compromiso do Concello de Brión coa loita feminista e o apoio ás mobilizacións e reivindicacións do feminismo galego organizado neste 8 de marzo de 2026. Así mesmo, ínstase á Xunta de Galicia á creación dun Instituto Galego das Mulleres e a impulsar un novo marco orzamentario e regulamentario para os Centros de Información á Muller.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Finalmente, os tres grupos municipais aprobaron unha moción de rexeitamento ás modificacións na Lei de Patrimonio de Galicia realizadas a través da Lei de Acompañamento dos Orzamentos de 2026 presentada polo BNG e emendada polo PSOE. Así, a moción do BNG insta á Xunta a retirar a modificación da Lei de Patrimonio recollida na Lei de Acompañamento dos Orzamentos, así como a dar traslado desta moción ás forzas políticas no Parlamento galego e facultar á Alcaldía a tomar as medidas precisas para garantir o cumprimento deste acordo. Pola súa banda, os socialistas engadiron dous puntos máis: Reclamar a eliminación do silencio administrativo positivo nos procedementos que afecten a bens patrimoniais, asegurando a necesidade de informes técnicos expresos como instrumento básico de seguridade xurídica e operativa na toma de decisións; e no caso de non conseguir a retirada da modificación da Lei como pedía o BNG, solicitar que calquera delegación de funcións aos concellos en materia de patrimonio cultural vaia acompañada da correspondente dotación de recursos económicos, persoal técnico cualificado e mecanismos efectivos de coordinación interadministrativa que permitan o exercicio destas competencias con garantías.

Etiquetas

brionpolitica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos
Deportes

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo