ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Brión aproba actualizar a taxa do lixo entre 20 e 40 € anuais

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de noviembre de 2025 a las 21:22

Compartir
  • Acorda unha subida de 100 euros para vivendas de uso turístico

10 de novembro de 2025.- Unanimidade dos tres grupos políticos municipais do Concello de Brión (PSOE, PP e BNG) á hora de aprobar unha actualización da taxa de por servizos e actividades relacionadas coa hixiene urbana. Unha medida aprobada nunha sesión urxente celebrada este mediodía e que se realiza despois de que o pasado mércores tivera lugar a Asemblea Xeral da Mancomunidade Serra do Barbanza, na que se aprobaron os orzamentos de 2025 desta entidade (os primeiros nos últimos dez anos). A urxencia da convocatoria radicaba na necesidade de que a taxa poida entrar en vigor o 1 de xaneiro de 2026.

Neste sentido, todos os grupos municipais agradeceron o traballo realizado polo secretario e o interventor do Concello de Brión para elaborar a nova ordenanza, que suporá unha actualización da taxa do lixo de 2026 de entre 21,56 euros e 41,56 euros nas vivendas, dependendo da frecuencia de recollida. Así, a nova ordenanza divide en 3 o epígrafe 10 da anterior ordenanza, correspondente á xestión do lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos asimilables a vivendas, que estaba fixado en 93,44 euros.

Coa actualización aprobada esta mañá, o rural brionés pasará a aboar 115 euros, as zonas semiurbanas achegarán 125 euros e a zona urbana, con servizo de recollida de seis días á semana, aboará 135 euros. O Pleno acordou por unanimidade non modificar o resto de epígrafes, salvo o 15,2 para engadir unha taxa de 195,63 euros para vivendas de uso turístico que figuren no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT).

Cubrir o coste do servizo

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, explicou que esta actualización “vén dada porque a Unión Europea di que hai que cobrar o que custa o servizo e os números responden ao estudo realizado pola Mancomunidade Serra do Barbanza”. Neste sentido, puxo en valor que o Concello de Brión leva actualizando as súas taxas todos os anos, o que permite que as cifras sexan moito menores cas doutros concellos asociados á Mancomunidade. Un punto no que coincidiron os voceiros dos grupos municipais, aos que Lago Sanmartín agradeceu o seu apoio xa que non se trata de facer política, é a realidade que temos”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Finalmente, o pleno municipal aproveitou tamén a sesión para aprobar por unanimidade a acta da sesión ordinaria anterior e aprobar un suplemento de crédito por 234.792 euros con cargo ao Remanente de Tesourería para Gastos Xerais para o pago de facturas por obras e servizos prestados ao municipio. Un modificativo de crédito que saíu adiante cos votos a favor de PSOE e PP e a abstención do BNG.

Etiquetas

brionlixotaxa do lixo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos
Deportes

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos

A Romaría de Santa Minia, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia
Comarca

A Romaría de Santa Minia, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia

Doloroso minuto de silencio en Brión
Comarca

Doloroso minuto de silencio en Brión

Traxedia en Brión: falece unha nena de dous anos esquecida no coche
Destacado

Traxedia en Brión: falece unha nena de dous anos esquecida no coche