Bouza denuncia que a Xunta non pode construír vivenda “á costa da veciñanza de Mallou”
Aitor Bouza defende a necesidade de construír vivenda en Santiago e esixe á Xunta que asuma a súa responsabilidade con políticas públicas eficaces, pero advirte de que non pode facerse “á costa da veciñanza de Mallou” nin con condicións inxustas para as persoas afectadas.



