ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

Borja Verea propón a creación de vivendas colaborativas para persoas maiores en Santiago

 

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de febrero de 2024 a las 19:55

Compartir

 

 

  • Trataríase duns inmobles que facilitarían un modelo de vida en comunidade, onde se fomente o apoio mutuo entre persoas que deciden vivir xuntas e que poidan contar con servicios asistenciais compartidos.
  • O popular remarca que “as vivendas colaborativas permiten un estilo de vida que preserva a intimidade, permite o control sobre a propia existencia e profundiza no dereito das persoas a elixir como vivir”.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, propón a creación en Santiago de vivendas colaborativas para persoas maiores, un modelo que nace nos países nórdicos. Uns inmobles que facilitarían un modelo de vida en comunidade, onde se fomente o apoio mutuo entre persoas que deciden vivir xuntas e que poidan contar con servicios asistenciais compartidos.

“Esta é unha auténtica alternativa ao modelo tradicional residencial de persoas maiores, que colocaría a Santiago na vangarda, tamén, en solucións innovadoras de políticas sociais”, subliñou Verea.

O popular remarca que “as vivendas colaborativas permiten un estilo de vida que preserva a intimidade, permite o control sobre a propia existencia e profundiza no dereito das persoas a elixir como vivir”.

“Con este modelo residencial, explica Borja Verea, as persoas vivirían nas súas propias vivendas, pero con servizos comúns que cubrirían as súas necesidades, polo que os residentes serían partícipes activos do seu propio proceso de envellecemento e, sobre todo, limitaría e suavizaría moito as situación de illamento social que sofre parte deste colectivo”.

O líder popular remarca que, ao mesmo tempo, “supón unha rede de apoio e de seguridade para todas estas persoas que alí vivan, é dicir, convértese nunha mestura entre privacidade e convivencia. Con estes equipamentos, integrados nese novo modelo de coidados, apostaríase por servizos de proximidade e potenciaríase o dereito a escoller libremente como e onde envellecer”, agregou.

Como explicou Verea, as iniciativas sociais son un dos eixes das políticas do Partido Popular de Santiago, xa no Pleno do mes de xaneiro defendemos unha Estratexia contra a Soidade non desexada, posto que en Compostela temos milleiros de persoas maiores de 65 anos vivindo soas, moitas por propia vontadade e outras incluídas na definición de soidade non desexada.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“É evidente que na nosa cidade temos un problema á vista de todos e o Concello ten que liderar a solución, por iso, nós propoñemos unha medida, como son as vivendas colaborativas para as persoas maiores, que pode converter Santiago nun exemplo para outras vilas nesta materia”, concluíu o popular.

Etiquetas

maiorespoliticappsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo