ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Boqueixón aprobará este mércores os orzamentos máis ambiciosos da súa historia

 

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de enero de 2024 a las 19:31

Compartir

 

 

  • Ascenden a máis de 5,9 millóns de euros, un 40% máis ca en 2023, e destinan unha terceira parte a investimentos

Boqueixón, 23 de xaneiro de 2024.- O Pleno do Concello de Boqueixón aprobará mañá mércores o orzamento de 2024, que ascende a 5.902.058,67 euros. Este importe supón un incremento de 1.684.589,53 euros con respecto ao orzamento de 2023, un 39,94%.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, salienta que “se trata duns orzamentos investidores, que reforzan os servizos sociais que se prestan aos veciños e veciñas e que non recollen ningunha suba de impostos”. Así, entre as principais inversións recollidas nos orzamentos de 2024 figuran os 1,7 millóns de euros para o cambio a LED de todas as luminarias do municipio, un plan de obras de 270.000 euros para melloras en estradas municipais, o acondicionamento de todos os parques infantís do concello e o inicio das obras de saneamento naquelas aldeas que o teñen pendente.

“No eido social reforzaremos os programas de atención de axuda a domicilio e escola infantil municipal, así como os programas de conciliación: madrugadores, inglés, tardes educativas e de lecer e os programas de conciliación de Entroido, Semana santa, Verán e Nadal”, apunta Ovidio Rodeiro, quen adianta tamén que “neste 2024 seguirá habendo axudas á natalidade así
como subvencións para o tecido asociativo”.

Sen suba de impostos

Os orzamentos de 2024 non recollen ningún tipo de suba de impostos, máis aló da actualización de acordo ao IPC do último exercicio das taxas municipais, que se aprobarán na sesión plenaria de mañá mércores. Porén, manteranse inalterables as licenzas de obra e o recibo de vehículos.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Ademais, Ovidio Rodeiro destacou que “este equipo de Goberno ten en carteira importantes inversións que non van recollidas neste orzamento, xa que están pendentes de ser co- financiadas por outras administracións, polo que esperamos acadar unha cifra en investimentos moi por encima dos 2,5 millóns de euros ao final do exercicio”.

Etiquetas

boqueixonorzamentos
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027
Comarca

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego
Comarca

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego

Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna
Comarca

Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias
Comarca

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias