ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

Besteiro apostará dende a Xunta por empresas que creen emprego de calidade

 

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de enero de 2024 a las 19:59

Compartir

 

 

Subliña o novo impulso do Goberno de España á industria galega con 5M€ para 6 proxectos empresariais, “un camiño que aínda será máis potente despois de febreiro dende o Goberno de Galicia”

Lugo, 3 de xaneiro de 2024. José Ramón Gómez Besteiro apostará dende a Presidencia da Xunta de Galicia por empresas que creen emprego de calidade e proxectos industriais que fixen poboación. O candidato socialista subliñou neste sentido o novo impulso que o Goberno de España vén de darlle a industria galega coa concesión de case 5 millóns de euros en incentivos rexionais para o desenvolvemento de 6 proxectos empresariais. “Un camiño”, incidiu, que “aínda será máis potente despois de febreiro dende o Goberno de Galicia”.

As axudas que vén de outorgar o Goberno central, valorou Besteiro, mobilizarán un investimento de máis de 54,3M€, e permitirán crear 175 novos empregos e manter 924 postos de traballo. “Este é o camiño que queremos para Galicia: o do crecemento”, asegurou o candidato do PSdeG á Xunta.

Os incentivos rexionais son axudas financeiras que concede o Executivo do Estado en forma de subvencións para fomentar a actividade empresarial, contribuíndo deste xeito, asegurou José Ramón Gómez Besteiro, “ao equilibrio interterritorial e ao crecemento económico inclusivo e sostible mediante o financiamento de proxectos de investimento produtivo, xeradores de emprego, tecnoloxicamente avanzados e medioambientalmente sostibles”.

Coa resolución que vén de aprobar o Goberno a través dun acordo da Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos (CDGAE) e dunha Orde do Ministerio de Facenda- e que publicará mañá mesmo o Boletín Oficial do Estado (BOE), reciben investimento Kern Pharma, en Monforte de Lemos; Dimalnox SL, en Culleredo; Metal Manufacturing Oviedo Voces SL, en Bergondo; Top Balea Beach, no Grove; e Dmanan Hotel N’Lugo e Vanica Gestión, en Lugo as dúas. Precisamente, seis proxectos empresariais que “contribúen ao equilibrio territorial, reforzando os municipios e comarcas nas que se asentan como polos económicos e xeradores de emprego de calidade, os factores imprescindibles para fixar poboación”.

“Estamos ante un exemplo máis da política industrial que promovemos os socialistas dende o Goberno do Estado e que levaremos a cabo dende o Goberno da Xunta, fronte a un Partido Popular instalado na inercia, que, nestes case 15 anos, non desenvolveu ningún plan de industrialización para Galicia, nin ten ningunha estratexia para o futuro, aínda tendo os recursos e as competencias segundo o Estatuto de Autonomía”. “Unha inacción que lastra a Galicia e que fai que esteamos perdendo moitas oportunidades”, asegurou o candidato socialista á Xunta.

Tal e como recalcou o socialista, o Goberno aprobou no último ano en Galicia  incentivos rexionais para 9 proxectos que supoñían un investimento total de 62 millóns de euros. Estas iniciativas recibiron 6,6 millóns de euros de subvencións e permitiron crear 219 postos de traballo e manter 1.019 empregos.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O candidato do PSdeG resaltou neste sentido que durante os 5 anos de Goberno de Pedro Sánchez se duplicaron os investimentos subvencionados mediante incentivos rexionais en toda España respecto aos cinco últimos ano do Goberno de Rajoy. En concreto, no período 2019-2023 aprobáronse un total de 1.059 millóns de subvencións para este tipo de proxectos, fronte aos 492 millóns do período 2013-2017.

Etiquetas

politicapsoexunta
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo