Dita área dispón de 15 prazas de estacionamento cunhas dimensións de 7,5 por 3,5 metros para autocaravanas e cos correspondentes servizos de recollida de augas fecais e servizo de auga potable. Unha das prazas ten a consideración de adaptada ao ter unhas dimensións maiores de 7,5 por 4 metros e dispor dun espazo lateral adicional de 1,5 por 7,5 metros para as persoa con mobilidade reducida. Ademais, dotouse a dito espazo de alumeado público. En dita área disponse de toma de auga para encher o depósito de augas limpas e dunha reixa para baleirar as augas grises e negras dos vehículos.
Para executar este proxecto, no que se investiron 68.437 euros, asinouse un convenio coa Deputación da Coruña, a través do cal a entidade provincial sufragou o 80% das obras, mentres que o Concello de Ames achegou o 20% restante.
O alcalde e concelleiro de Turismo, Blas García, explica que “a creación desta nova zona de autocaravanas permítenos trasladar a que temos agora na rúa das Pesqueiras, que ten dificultades de acceso e un espazo moi limitado”. Tamén asegurou que, grazas á axuda da Deputación “dispoñemos de dúas áreas, xunto coa do Milladoiro, e podemos dar servizo ás persoas amantes de utilizar estes vehículos para viaxar e que pasan polo noso concello, nunha aposta clara pola promoción do turismo, e sobre todo do turismo de interior e comprometido co medio ambiente”.
Este sábado, 14 de marzo, ás 11.00 horas, realizarase o acto de inauguración desta nova área de autocaravanas. Nesta acto participarán o alcalde e concelleiro de Turismo, Blas García; o vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; e a presidenta da Asociación Galega de Autocaravanas, María del Mar García.
Concentración de arredor de 150 caravanas