ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaSaludSociedad

Bertamiráns acolle unha charla de autocoidado feminino “Quen coida do coidador”

 

Líder Redacción

Líder Redacción

13 de marzo de 2024 a las 14:25

Compartir

 

 

Impartirase na Casa dos Maiores, ás 18:30 horas.

A psicóloga Mónica Antelo será a encargada de impartir estaa segunda charla, baixo o título “Quen coida o coidador”

Daranse algunhas recomendacións para que as mulleres que coidan doutras mulleres aprendan a xestionar a carga emocional e física que implican estes coidados, e delegar estas tarefas noutras persoas da súa contorna

Ames, 13 de marzo de 2024.- Ao longo de marzo, o mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebra tres charlas sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en hábitos saudables e do ámbito da saúde. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M, e están organizadas dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade e coa colaboración do Centro de Información á Muller (CIM) de Ames. Ditas conferencias desenvólvense na Casa dos Maiores de Bertamiráns.

Estes coloquios estanse impartindo en Bertamiráns, na Casa dos Maiores, sempre ás 18:30 horas. A psicóloga Mónica Antelo será a encargada de impartir a segunda charla, baixo o título “Quen coida o coidador”, este mércores día 13 de marzo.

Nesta conferencia daranse algunhas recomendacións para que as mulleres que coidan doutras mulleres aprendan a xestionar a carga emocional e física que implican estes coidados, e delegar estas tarefas noutras persoas da súa contorna.

O vindeiro mércores, 20 de marzo, será a quenda de Pablo Fernández, adestrador en BJ trainers & Co, que presentará a charla “Exercicios en mulleres maiores”.

As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M, e están financiadas polo Pacto de Estado contra la Violencia de Género do Ministerio de Igualdad, e contan coa colaboración do departamento de Benestar Social e do Centro de Información á Muller (CIM) de Ames.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

8Mamescharlacomarcamullerradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.