Cada cliente disporá como máximo dun bono de desconto por un importe de ata 50 euros que se poderá descontar en función do crédito dispoñible nos distintos establecementos comerciais participantes e que se identificará co distintivo da campaña. No caso de esgotar o orzamento do programa, os vales descargados deixarán de ser utilizados.
Hai que seguir estes sinxelos pasos: primeiro descarga a aplicación Wallet no teu teléfono móbil; para de seguido rexistrarte dende o teu móbil ou na web https://app.bonosconsuma.gal. Despois recibirás unha mensaxe de validación (SMS). De seguido, o cliente ten que activar o seu Bono Consuma e descargalo en forma de código QR. Un vez finalizado o proceso só queda buscar o distintivo Consuma Bonos nos establecementos e mostrar o código QR do bono no momento do pago. O desconto no pago dependerá do importe da compra que se realice.
Campaña de promoción do comercio local
A campaña Bonos Consuma busca promocionar os sectores do comercio e a hostalería de Ames, para reactivar a economía do municipio impulsando o consumo nos establecementos locais. Todos os comercios participantes contan cun adhesivo que os acredita como establecementos colaboradores. O obxectivo desta iniciativa é ter un impacto positivo no comercio local, promovendo que a veciñanza faga as súas compras de Nadal nos distintos establecementos do concello. Cada bono ten a consideración de bono desconto por un valor de ata 50 euros para as compras que se fagan nos establecementos adheridos, e poderase usar ata o seu esgotamento ou, se é o caso, ata o esgotamento do crédito dispoñible no programa.
Como funciona este desconto?
O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada:
-Desconto de 5€ en compras iguais ou superiores a 10€, e inferiores a 30€.
-Desconto de 10€ en compras iguais ou superiores a 30€, e inferiores a 50€.
-Desconto de 15€ en compras iguais ou superiores a 50€.
Este ano destínanse, en convenio con Abanca, un total de 80.000 euros aos Bonos Consuma. A maior parte deses fondos (61.000 euros) destínanse a axudas directas para a adquisición dos bonos, pero unha parte está destinada a sufragar dúas das novidades máis importantes desta convocatoria: a creación dunha páxina web (www.bonosconsuma.gal) e dunha aplicación móbil. O obxectivo principal destas ferramentas é que supoñan unha descarga de traballo para os comerciantes, pois a aplicación dos descontos farase a través de códigos QR