ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaDestacado

As SS.MM. de Oriente chegarán o día 5 á cidade seguindo a Estrela de Compostela

 

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de diciembre de 2023 a las 00:07

Compartir

 

 

A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, adiantou esta mañá en rolda de prensa algún dos detalles trasladados polos propios Reis Magos sobre a tradicional Cabalgata que terá lugar o vindeiro venres 5 de xaneiro. A comitiva percorrerá as rúas da cidade ata chegar á praza do Obradoiro e ao Pazo de Raxoi onde as SSMM recibirán aos nenos e nenas nunha tarde chea de «sorpresas musicais e golosas».

Pilar Lueiro explicou que os tres Reis Magos trasladáronlle ao Concello o súa ledicia polo lema do programa deste ano de ‘Compostela, Estrela de Nadal’, debido á súa «predilección manifesta polas estrelas, que utilizan de guía nos seus desprazamentos cara a occidente» e avanzou que «tamén o adaptarán como motivo principal para guiar o seu percorrido pola cidade».

Gaspar, Melchor e Baltasar sairán ás 17 horas da praza de Nosa Señora da Mercé de Conxo e percorrerán a avenida de Ferrol e cruzarán Romero Donallo para continuar Frei Rosendo Salvado ata a praza Roxa. Despois seguirán pola rúa de República do Salvador, rúa do Hórreo e rodearán a praza de Galicia para entrar na zona vella pola Porta Faxeira e seguir pola rúa do Vilar ata a praza do Obradoiro onde está previsto que sexan recibidos pola alcaldesa e por membros da Corporación municipal entre as 18:30 e as 19 horas. A continuación dirixirán unhas palabras á cativada e pasarán ao Salón Vermello do Pazo de Raxoi para a tradicional recepción.

A concelleira de Festas avanzou que as Súas Maxestades estarán acompañados «por paxes, axudantes, espectáculos e agrupacións locais case na súa totalidade». «Ata onde nos transmitiron, van contar coa colaboración de compañías como Culturactiva, os Quinquilláns e Pista Catro. Tamén temos confirmación de que chamaron á Banda de Tambores e Cornetas, á Banda Cofradía Vera Cruz, e algunha asociación como A Ruliña e os Armatroulas de Laraño», detallou.

En total, prevese a participación de «500 persoas» no percorrido, «ás que hai que sumarlle o traballo de todas as profesionais de seguridade e apoio que participan, que sumarán os esforzos dun cento de persoas máis».

Pilar Lueiro tamén pediu a colaboración cidadá para lograr unha Cabalgata segura. Por iso, demandou que non se utilicen sprays de neve e serpentinas, que comprometen a seguridade do evento ao privar de visibilidade aos/ás condutores/as das carrozas, especialmente en tramos estreitos ou moi concorridos.

Por último, expresou o compromiso conxunto, de Reis e Goberno, para que a Cabalgata sexa este ano» máis vistosa, máis musical e máis festiva» e avanzou que durante toda a tarde haberá «sorpresas musicais e golosas».

Restricións no tráfico

A Cabalgata de Reis sairá ás 17.00 horas da praza de Nosa Señora da Mercé e fará o seguinte percorrido: avda. de Ferrol, rúa de Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, rúa de República do Salvador, rúa do Hórreo, praza de Galicia, rúa da Senra, rúa da Porta Faxeira, rúa do Vilar, rúa de Fonseca e praza do Obradoiro. Estas rúas quedarán pechadas á circulación durante o paso das carrozas.

Tamén se recomenda aos/ás condutores/as que eviten circular pola avenida de Romero Donallo ao inicio da Cabalgata polos cortes que se producirán á altura da confluencia desta coa rúa Frei Rosendo Salvado. Tamén quedará cortado o tráfico neste horario no túnel da rúa Mestre Mateo e na subida de Romero Donallo dende a rotonda da Pontepedriña.

Así mesmo, recoméndase aos/ás condutores/as que, na medida do posible, eviten circular polo centro urbano ao longo da tarde deste xoves.

A partir das 15.00 horas queda prohibido o estacionamento nas seguintes rúas afectadas polo itinerario da Cabalgata: Frei Rosendo Salvado, República do Salvador e Hórreo (tramo que vai dende República do Salvador ata a praza de Galicia).

Desvíos

Dende a rúa Doutor Teixeiro, pola praza do Doutor Puente Castro, rúa da Rosa, rúa Antonio Casares e avenida de Lugo, ou ben pola rúa do Hórreo e pola avenida de Lugo.

Dende Vista Alegre-Salvadas, en dirección ao Campus Sur e á estrada de Noia (C-543), polas rúas Poza de Bar e San Lourenzo.

Dende as vías procedentes de Ourense e da Estrada, en dirección á zona sur -estradas de Pontevedra (N-550) e Noia (C-543)-, pola zona do Castiñeiriño, a través do vieiro Santiago de Cuba e a través do cuarto xiro de Cornes, para así incorporarse ao periférico e dende alí ás estradas referidas.

Durante o percorrido da Cabalgata, estará pechada ao tráfico a rúa Fonte de San Antonio, polo que os vehículos que baixen dende a Porta do Camiño serán desviados pola rúa Castrón Douro, e os vehículos que suban pola rúa Rosalía Castro serán desviados pola avda. da Coruña.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

As liñas de transporte urbano que circulan polo percorrido sufrirán durante o paso das carrozas pequenas alteracións das que se dará conta a través dos paneis informativos.

Etiquetas

reyes magossantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans
Actualidad

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans

Radio Líder Santiago acompaña aos Reis Magos no día máis ilusionante do ano
Destacado

Radio Líder Santiago acompaña aos Reis Magos no día máis ilusionante do ano