ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoSociedad

As catro mellores decoracións de Nadal en Santiago recibirán 500 euros cada unha

12/12/2023-. Todas aquelas persoas interesadas en participar poderán inscribirse desde mañá e ata o día 19 de decembro no Concurso de Decoración de Nadal Veciñal que premiará ás mellores composición decorativas en fachadas, balcóns e xardíns de vivendas particulares do Concello. As catro mellores propostas recibirán un premio de 500 euros cada unha.

Líder Redacción

Líder Redacción

12 de diciembre de 2023 a las 18:25

Compartir

O BOP acaba de publicar as bases da nova convocatoria do «Concurso de Decoración de Nadal Veciñal», unha iniciativa impulsada pola concellaría de Relacións Veciñais do Concello de Santiago coa que se busca premiar o esforzo decorativo da veciñanza. Poderán participar no concurso todas as persoas empadroadas que sexan propietarias ou arrendatarias de vivendas situadas no termo municipal do Concello de Santiago e que decoren as súas fachadas, balcóns e fiestras ou xardíns con iluminación e motivos de Nadal.

O prazo de presentación de solicitudes para este concurso comezará mañá día 13 de decembro e rematará o día 19 de decembro de 2023. As solicitudes poden presentarse a través da sede electrónica do Concello de Santiago (sede.santiagodecomostela.gal) a través do trámite «Solicitude de subvención» ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais.

A decoración deberá estar exposta dende o vindeiro 22 de decembro ata o día 6 de xaneiro de 2023. De cara á decisión final, os/as concursantes terán que enviar, antes do 25 de decembro, dúas fotos polas que se poida visualizar a decoración realizada na vivenda ao enderezo electrónico relacionsvecinais@santiagodecompostela.gal, facendo referencia aos datos do participante.

Para elixir aos gañadores, o xurado valorará a creatividade dos concursantes en base aos criterios de composición e deseño, a orixinalidade e a elaboración propia. Tamén se terá en conta a utilización da iluminación como foco de atracción e o uso de materiais de refugallo. As catro propostas gañadoras obterán un premio de 500 euros cada unha.

Etiquetas

concursonadalsantiagovivendas
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

Andrés Torreiro (D’Obra, Melide), na loita polo mellor cociñeiro de Galicia
Actualidad

Andrés Torreiro (D’Obra, Melide), na loita polo mellor cociñeiro de Galicia

Carola, Fuego Lolita e Alta Mar actuarán o 24 de abril na Sala Sónar
Actualidad

Carola, Fuego Lolita e Alta Mar actuarán o 24 de abril na Sala Sónar

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica