ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaEducación

As ANPAs de Ames van recibir 40.000 € en subvencións para actividades realizadas en 2022 e 2023

Líder Redacción

Líder Redacción

16 de diciembre de 2023 a las 20:29

Compartir
  • A Xunta de Goberno Local do pasado 16 de novembro aprobou a concesión de axudas para as actividades organizadas polas ANPAs dos centros educativos municipais en 2022 e 2023.
  • As subvencións ascenden a un total de 40.000 euros, que permitirán apoiar as diversas propostas das asociacións tales como viaxes, actividades extraescolares ou a organización de encontros e xornadas
  • A concelleira de Planificación e Xestión Educativa, Carmen Porto, eloxiou o papel que realizan estas asociacións nos centros amesáns. “Estamos moi agradecidos polo seu esforzo e agardamos que esta achega permita dotalas de maior liquidez para realizar actividades nos colexios, así como dispor de financiamento suficiente para ampliar a súa programación”

Ames, 15 de decembro de 2023.- A Xunta de Goberno Local do pasado 16 de novembro aprobou a concesión de axudas para as actividades organizadas polas ANPAs dos centros educativos municipais en 2022 e 2023. As subvencións ascenden a un total de 40.000 euros, que permitirán apoiar as diversas propostas das asociacións tales como viaxes, actividades extraescolares ou a organización de encontros e xornadas.

O Concello de Ames vén de aprobar estas axudas bianuais, que buscan axudar a facer fronte aos gastos das ANPAs amesás e apoialas na organización de novos proxectos e actividades. A convocatoria, aprobada na Xunta de Goberno Local e publicado no BOP en xuño de 2023, conta cun total de 40.000 euros de orzamento, con 20.000 euros reservados para cada anualidade.

Finalmente, para as actividades levadas a cabo durante o exercicio 2022, a Concellería de Educación concedeu 20.000 euros, repartidos do seguinte xeito: A ANPA do CEIP Agro do Muíño recibirá 3.427,13 euros; a ANPA As Brañas do CEP de Ventín, 3.281,03 euros; a ANPA da Escola Infantil A Madalena, 750 euros; a ANPA do IES Plurilingüe de Ames, 3.427,13 euros; a ANPAMILLA, do IES do Milladoiro, 3.427,13 euros; a ANPA MILLAPEQUES, da Escola Infantil do Milladoiro, 1.628,03 euros; a ANPA do CEIP A Maía, 2.059,55 euros; e a ANPA San Mauro, do CEIP de Barouta, 2.000 euros.

Ademais, para o ano 2023 concedéronse outros 20.000 euros ás seguintes asociacións: A ANPA do CEIP Agro do Muíño obterá 3.427,13 euros; a ANPA As Brañas do CEP de Ventín, 3.281,03 euros; a ANPA da Escola Infantil A Madalena, 750 euros; a ANPA do IES Plurilingüe de Ames, 3.427,13 euros; a ANPAMILLA, do IES do Milladoiro, 3.427,13 euros; a ANPA MILLAPEQUES, da Escola Infantil do Milladoiro, 1.628,03 euros; a ANPA do CEIP A Maía, 2.059,55 euros; e a ANPA San Mauro, do CEIP de Barouta, 2.000 euros.

Cómpre lembrar que estas axudas viñan marcadas por un límite de importe máximo que dependía do tamaño do centro escolar e do número de ANPAs de cada escola, colexio ou instituto. Deste xeito, os centros públicos cun alumnado superior ás 500 persoas podían optar a un máximo de 3.000 euros; os de 150 a 500 persoas, a 2.000 euros, e os centros de menos de 150 persoas, a 750 euros. Porén, unha vez os centros xustificaron os seus gastos, o orzamento restante desta división foi repartido entre eles para dotalos dunha maior liquidez.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A concelleira de Planificación e Xestión Educativa, Carmen Porto, eloxiou o papel que realizan estas asociacións nos centros amesáns. “Estamos moi agradecidos polo seu esforzo e agardamos que esta achega permita dotalas de maior liquidez para realizar actividades nos colexios, así como dispor de financiamento suficiente para ampliar a súa programación”.

Etiquetas

amesanpaseducacionsubvencions
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación