ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Arzúa finaliza a remodelación do Parque da Feira, que pasa a chamarse Parque Ana Kiro

A intervención, cofinanciada pola Deputación da Coruña, revitaliza un espazo estratéxico no corazón da vila e rende homenaxe á icónica cantante galega

Líder Redacción

Líder Redacción

9 de julio de 2025 a las 13:00

Compartir

Arzúa, 9 de xullo de 2025.- A concellería de Acción Urbana do Concello de Arzúa vén de rematar as obras de renovación integral do emblemático Parque da Feira, situado no corazón da vila, xusto ao carón do recinto onde se celebra a tradicional feira. Un espazo de encontro clave para a veciñanza, peregrinos e turistas que, a partir de agora, pasará a chamarse Parque Ana Kiro, en homenaxe á inesquecible cantante arzuá -da parroquia da Castañeda- e icona da cultura galega.

Este proxecto, cunha inversión total de 167.434 euros, foi posible grazas á colaboración institucional entre o Concello de Arzúa e a Deputación da Coruña, que asumiu o 80 % do custo, mentres que o 20 % restante foi financiado con fondos municipais. A actuación responde ao compromiso do goberno local por revitalizar espazos públicos de gran uso e valor simbólico, creando contornas acolledoras, accesibles e integradoras para todas as xeracións.

O Parque Ana Kiro incorpora escaleiras renovadas, novo pavimento, zonas verdes ampliadas e mobiliario urbano moderno, pensado para o descanso e o encontro.

Begoña Balado, concelleira de Turismo, Comercio e Obras no casco urbano, destacou que “con esta actuación reforzamos un espazo central, moi utilizado polos nosos veciños e veciñas, e tamén polos milleiros de peregrinos que nos visitan cada ano. Facémolo ademais cunha homenaxe merecida a Ana Kiro, unha muller que levou o nome de Arzúa con orgullo por todo o mundo”.

O novo Parque Ana Kiro non só representa unha importante mellora do espazo público, senón tamén un recoñecemento á memoria colectiva e á identidade local. O Concello de Arzúa anima a toda a cidadanía a achegarse para coñecer e desfrutar dun espazo renovado que é un referente urbano e emocional da vila.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

arzuaparque ana kiro
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura
Sin Categoría

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”
Actualidad

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición
Comarca

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición