ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Arte y CulturaComarcaPolítica

Arzúa convértese en epicentro da música tradicional co XX Festival Internacional Zona da Zanfona

Líder Redacción

Líder Redacción

13 de noviembre de 2024 a las 19:02

Compartir
  • Arranca un novo ciclo para o Festival no Concello de Arzúa como nova sede.

  • 20º aniversario do festival que se celebra desde 2005 ininterrompidamente.

  • Unha xornada coa zanfona de protagonista da man de artistas internacionais como Valentin Clastrier (Francia) e Tobie Miller (Canadá) e outro nomes referenciais galegos como Xosé Luís Rivas “Mini” e Carlos Beceiro.

  • Cursos, concertos e outras actividades de divulgación

  • Arzúa, 15-17 de novembro de 2024 – Esta fin de semana, Arzúa acollerá a vixésima edición do Festival Internacional Zona da Zanfona (ZdZ), un evento de referencia que, ao longo dos anos, contribuíu á preservación e difusión deste instrumento cunha programación diversificada que ofrece actividades para o público xeral e tamén para profesionais da música. O Concello de Arzúa reafirma como sede de este evento o seu compromiso coa divulgación do patrimonio material e inmaterial da Galiza.

    A concelleira de Patrimonio, Lucía López, destacou a relevancia de converter Arzúa na nova sede deste importante festival. Segundo as súas palabras, “Arzúa celebra a ritmo da zanfona o seu patrimonio, coa chegada do ZdZ, un festival que pon en valor a importancia de recuperarmos e manter viva a nosa tradición. Grazas a este legado, hoxe podemos converter ao concello no epicentro dunha cita musical que xera unha gran expectativa internacional ”

    López tamén expresou o seu agradecemento á Deputación da Coruña polo seu apoio e patrocinio, engadindo: «Sen a colaboración da Deputación, non sería posible acoller un evento desta magnitude. Grazas á colaboración institucional, Arzúa pode ofrecer unha ampla programación de concertos, cursos de formación e actividades divulgativas, todas de balde, excepto as sesións especializadas. Estas accións permitirán que a veciñanza, visitantes e amantes da música tradicional poidan gozar dunha experiencia musical enriquecedora e comprometida coa historia.”

    Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
    Unirse →

    A organización corre ao cargo de aCentral Folque, que suma xa vinte anos de experiencia na difusión da zanfona e doutras músicas tradicionais, garantindo un programa de alta calidade e relevancia cultural. Esta edición reúne grandes figuras da zanfona a nivel internacional, como Valentin Clastrier e Tobie Miller, e a artistas locais de renome, como Xosé Luís Rivas “Mini” e Carlos Beceiro.

    Etiquetas

    arzuacultura
    Compartir

    Síguenos en redes

    FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

    Últimas noticias

    • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

    • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

    • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

    • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

    • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

    Suscríbete

    Recibe las noticias en tu correo.

    Te puede interesar

    Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura
    Sin Categoría

    Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura

    Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
    Comarca

    Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

    Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”
    Actualidad

    Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”

    A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición
    Comarca

    A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición