ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Arzúa celebrará o 21 de decembro a II Papanoelada Cicloturista

A Concellería de Turismo, que dirixe Begoña Balado, impulsa unha nova edición desta actividade deportiva e festiva con saída da Praza de Galicia e coa inscrición gratuíta xa aberta

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de noviembre de 2025 a las 10:48

Compartir

Arzúa, 27 de novembro de 2025.- Arzúa prepara o regreso da Papanoelada Cicloturista, unha actividade que se consolidou na programación do Nadal tras a excelente acollida do público na súa primeira edición o ano pasado. A cita, organizada pola Concellería de Turismo, terá lugar o domingo 21 de decembro e apostará de novo por combinar deporte, dinamización social e ambiente festivo nas rúas da vila.

A xornada dará comezo ás 10:00 horas coa saída da ruta principal desde a Praza de Galicia. Será un percorrido de vinte quilómetros pola contorna do municipio, pensado para quen queira gozar da práctica ciclista nun ambiente festivo propio destas datas.

Posteriormente, ás 12:15 horas, desenvolverase unha xincana de oitocentos metros destinada á participación da cativada e de todas aquelas persoas que prefiran unha actividade máis suave, co obxectivo de que a Papanoelada estea aberta a distintos niveis e idades.

A Concellería de Turismo anima a participar vestindo traxe de Papá Noel ou incorporando algún elemento decorativo vinculado ao Nadal, procurando recrear de novo a marea vermella que se converteu na imaxe desta iniciativa. Ao remate das rutas, ofrecerase chocolate quente con churros e biscoito na Praza de Galicia para todos os participantes, como agradecemento pola súa asistencia. Tamén se realizará o sorteo dunha cesta de Nadal composta por produtos típicos destas datas.

A xornada estará amenizada por un DJ, que se encargará de poñer a ambientación musical durante todo o desenvolvemento da actividade.

As inscricións son gratuítas e poden formalizarse enviando un correo electrónico a nadalarzua@gmail.com

A concelleira de Turismo, Begoña Balado, lembra que “o ano pasado a resposta foi extraordinaria e superou calquera expectativa, consolidando unha actividade que naceu para quedar. Este Nadal queremos volver vivir unha xornada inesquecible, porque non hai mellor maneira de celebralo que pedalear pola nosa vila, gozar da nosa contorna e compartir sorrisos. Desde os máis pequenos ata os maiores, todos teñen o seu espazo nesta cita”.

Con esta nova edición, a Concellería de Turismo reafirma o seu compromiso con actividades que consolidan Arzúa como un destino verde, que aposta pola promoción do seu territorio e pola dinamización social, proxectando unha vila acolledora, dinámica e chea de vida durante todo o ano.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

arzuanadalPapanoelada Cicloturista
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura
Sin Categoría

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”
Actualidad

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición
Comarca

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición