ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadEducaciónSociedad

Arrinca no IES de Sar a III Semana das Artes e das Ciencias

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de marzo de 2026 a las 14:34

Compartir
  • O acto inaugural contou coa participación do Óscar Corral, Premio Ortega y Gasset de Fotografía, quen compartiu a súa experiencia profesional co alumnado
  • “A iniciativa ten como obxectivo principal fomentar o espírito crítico, animando o alumnado a formular preguntas, analizar a realidade desde diferentes perspectivas e comprender a relación entre a creación artística e o pensamento científico e humanístico”, asegura Ana María Álvarez Chamosa, videdirectora do IES de Sar.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2026.- O IES de Sar acolleu hoxe a inauguración da III Semana das Artes e das Ciencias, unha iniciativa que se desenvolverá ata o vindeiro xoves 5 de marzo co propósito de crear pontes entre o coñecemento, a creatividade e a reflexión. O acto inaugural contou coa participación do Óscar Corral, Premio Ortega y Gasset de Fotografía, quen compartiu a súa experiencia profesional co alumnado.

O acto inaugural, celebrado esta mañá ás 10:30 horas, marcou o inicio dunha programación centrada na conexión entre as artes, as humanidades e as ciencias, ofrecéndolle ao alumnado a oportunidade de explorar distintos campos desde unha perspectiva aberta e interdisciplinar. Ao final da xornada de hoxe interviú tamén o actor compostelán Diego Anido.

Ao longo destes días desenvolveranse diversas actividades relacionadas coas artes plásticas, a fotografía, o deseño, o cine, as humanidades e as ciencias. A programación conta coa participación de antigos alumnos e alumnas do centro que na actualidade desenvolven a súa vida profesional nestes ámbitos, así como persoas vinculadas ao cine, ao teatro, ao deseño e a outros sectores artísticos. A súa presenza permite achegar experiencias reais, percorridos vitais e exemplos que poden servir de inspiración para o alumnado.

“A iniciativa ten como obxectivo principal fomentar o espírito crítico, animando o alumnado a formular preguntas, analizar a realidade desde diferentes perspectivas e comprender a relación entre a creación artística e o pensamento científico e humanístico”, asegura Ana María Álvarez Chamosa, vicedirectora do IES de Sar. “Este tipo de encontros contribúe ao desenvolvemento persoal e académico, favorece a curiosidade, a capacidade de expresión, o traballo colaborativo e a toma de decisións conscientes sobre o futuro”, sinala a promotora desta iniciativa que vai xa pola súa terceira edición.

Participantes nesta terceira edición segundo a actividade:

Óscar Corral (Fotografía)

Sandra Zarco (Artes escénicas)

Candela Martínez (Artes escénicas)

Marcos Calo (edición de videoxogos)

Miguel González Blanco (Ciencias e tecnoloxía)

Montse Fajardo (Xornalismo. Literatura e memoria histórica)

Rosalía Morlán (Literatura e poesía)

Adrián Costa (Música)

Diego Anido (teatro e cine)

Xosé Tomás (ilustración e educación)

Baldo Ramos (Arte visual e literatura)

Eva Cernadas (Divulgación científica)

Francisco López ( Divulgación científica)

Miguel Giadás (Investigación e filoloxía)

Óscar Aldonza (Produción e escultura)

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A III Semana das Artes e das Ciencias convértese así nun espazo de aprendizaxe significativa no que a escola se abre ao mundo e o alumnado pode descubrir novas vocacións, entender mellor o seu contexto e recoñecer o valor da creatividade e do coñecemento como ferramentas para interpretar e transformar a realidade.

Etiquetas

Semana das Artes e das Ciencias
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O IES de Sar sementa pensamento crítico na III Semana das Artes e das Ciencias
Actualidad

O IES de Sar sementa pensamento crítico na III Semana das Artes e das Ciencias