ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolíticaSalud

Arrinca en Ames un novo programa de cesación de tabaco en grupo

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de septiembre de 2025 a las 20:48

Compartir
  • O plan de saúde mental inclúe diversas actuacións orientadas a diferentes colectivos, entre as que se atopa o programa de cesación de tabaco en grupo que vai comezar o vindeiro mércores 1 de outubro. Trátase dunha actividade gratuíta que se vai a realizar durante os vindeiros meses de outubro, novembro e decembro. Este programa está dirixido a persoas empadroadas no concello de Ames
  • A concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, explica que “este é a segunda edición deste programa que está incluído no plan municipal de benestar emocional e saúde mental.  O pasado ano xa se realizou este mesmo programa co obxectivo de axudar a aquelas persoas que queren deixar de fumar para mellorar a súa propia saúde e a das persoas que están ao seu arredor”

Ames, 23 de setembro de 2025.- O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción da Saúde, dá conta dunha das actividades que se van a impartir durante os vindeiros tres meses. Tratase dun programa gratuíto de cesación de tabaco en grupo, para todas aquelas persoas que desexen deixar de fumar. Este programa propón unha abordaxe multidisciplinar do tabaquismo e será realizado por unha psicóloga con formación específica en tabaquismo en colaboración con outros profesionais. Para participar nesta actividade ou para solicitar máis información pódese enviar un correo electrónico ao enderezo uneames@gmail.com ou chamar ao número de teléfono 617 485 662. Este programa está dirixido a persoas empadroadas no concello de Ames.

En abril de 2024 o Concello de Ames presentou o Plan Municipal para a Promoción da Saúde Mental, un plan global para previr, promover e atender á saúde mental da veciñanza amesá, especialmente entre nenos, adolescentes e persoas maiores. Trátase do primeiro plan de promoción de benestar emocional do Concello, que busca dar unha resposta estruturada ás necesidades reais que se detecten entre a poboación do municipio.

O plan de saúde mental inclúe diversas actuacións orientadas a diferentes colectivos, entre as que se atopa o programa de cesación de tabaco en grupo que vai comezar o vindeiro mércores 1 de outubro. Trátase dunha actividade gratuíta que se vai a realizar durante os vindeiros meses de outubro, novembro e decembro. Este programa está dirixido a persoas empadroadas no concello de Ames.

A concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, explica que “este é a segunda edición deste programa que está incluído no plan municipal de benestar emocional e saúde mental.  O pasado ano xa se realizou este mesmo programa co obxectivo de axudar a aquelas persoas que queren deixar de fumar para mellorar a súa propia saúde e a das persoas que están ao seu arredor”.

Este programa propón unha abordaxe multidisciplinar do tabaquismo e será realizado por unha psicóloga con formación específica en tabaquismo en colaboración con outros profesionais. Para elo emprégase un programa multicompoñente que ten a maior evidencia científica demostrada para deixar de fumar. Dito programa ofrecerase os mércores, ás 18.30 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Impartiranse seis sesións presenciais e posteriormente haberá varias sesións de seguimento por teléfono.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Para participar nesta actividade ou para solicitar máis información pódese enviar un correo electrónico ao enderezo uneames@gmail.com ou chamar ao número de teléfono 617 485 662.

Etiquetas

amessaudetabaco
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación