ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDestacadoPolítica

Ames, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira insisten na gratuidade da AP-9, de modo especial entre Padrón-Santiago

Os alcaldes asinarán mañá, martes 25 de febreiro, un documento que será remitido con efecto inmediato ao Ministerio de Transportes e Infraestruturas

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de febrero de 2025 a las 21:04

Compartir

A sinatura producirase ás 13.00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e inmediatamente despois, os alcaldes ofrecerán unha rolda de prensa

Ames, 24 de febreiro de 2025.- Os Concellos de Ames, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira asinarán mañá, martes 25 de febreiro, ás 13.00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, un documento reclamando a constitución dunha mesa de traballo entre o Ministerio e os Concellos para traballar na liberalización paulatina da AP-9. Paralelamente, reclaman que se teña en conta o tramo Padrón-Santiago dada a súa importancia para unir o Barbanza con Santiago e expulsar os vehículos das vías secundarias para facilitar que os núcleos urbanos e vilas se humanicen e recuperen o espazo para as persoas.

Blas García, alcalde de Ames; Anxo Arca, alcalde de Padrón; Xavier Castro, alcalde de Dodro; Julián Bustelo, alcalde de Rianxo; José Ramón Romero, alcalde de Boiro; José Carlos Vidal, alcalde da Pobra; e Luís Antonio Pérez, alcalde de Ribeira; firmarán un documento dirixido ao Ministerio de Óscar Puente insistindo na importancia de abordar esta situación dende unha perspectiva municipalista, apartidista e dende un punto de vista realista, poñendo ás persoas no cetro do debate e articulando un plan en varias fases que teña como obxectivo final a gratuidade da autoestrada do atlántico.

Etiquetas

A PobraamesAp-9boirododropadronrianxoribeira
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

O Pazo de Goiáns acolle unha exposición do deseñador boirense Juan Ares
Comarca

O Pazo de Goiáns acolle unha exposición do deseñador boirense Juan Ares

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán