Os/as peregrinos parten de de Santiago de Compostela, pasando por Ames, Negreira, Santa Comba, Mazaricos, Dumbria, Cee, Corcubión, Muxía e Fisterra. Desde Santiago de Compostela ata o impoñente Faro de Fisterra e o Santuario da Virxe da Barca en Muxía, este é o único camiño que chega ata o mar. A prolongación perfecta do Camiño de Santiago, que combina patrimonio, natureza e gastronomía.
Camiño Marítimo a través da Ría de Muros Noia
Por outra banda, a Ría da Estrela presentou en Fitur o primeiro catálogo de peregrinacións marítimas a través da Ría de Muros Noia. O Concello de Ames é un dos membros da da Asociación de Concellos do Camiño da Ría De Muros Noia.
O catálogo de peregrinacións marítimas a través da Ría de Muros Noia ofrece unha maneira diferente de facer o Camiño de Santiago nestes tempos, pero que durante séculos foi a máis utilizada tanto por peregrinos do norte de Europa como dos países mediterráneos: navegando. Está amparada pola Oficina do Peregrino, polo que basta con completar 90 millas náuticas en veleiro, selar a credencial do peregrino nos portos que marque a ruta e realizar a pé cando menos os 12 últimos quilómetros (entre Bertamiráns e Santiago) para obter a Compostela.
A localidade de Bertamiráns é o punto de partida do último tramo do Camiño de Santiago da Ría Muros Noia. Este camiño, que conxuga mar e montaña, ofrece a posibilidade de realizar unha peregrinación marítima e 12 quilómetros a pé. Para marcar o inicio da última etapa a pé de dito Camiño, o Concello de Ames colocou en febreiro de 2023 unha escultura no parque do Ameneiral. A escultura foi deseñada e executada polo alumnado de segundo curso do Ciclo superior de Técnicas da Escultura da EASD Mestre Mateo. Dita escultura representa o mar.
Stand Xa estás en Galicia!
Cómpre salientar que o stand de Galicia foi elaborado pola empresa amesá, Escenoset, que ten a súa sede no parque empresarial do Milladoiro. Ademais, o elemento principal do set, un bosque galego con máis de 30 especies, foi recollido integramente en Ames. A Xunta reutilizou, cun novo deseño máis actual e na liña das demandas turísticas do momento, o stand da pasada edición, que foi galardoado co Premio ao ‘Mellor Stand de Fitur 2024’, co obxecto de seguir parámetros de sostibilidade aproveitando materiais e recursos xa dispoñibles.
Asociación Viorneira, Palmira, Bulevar
Por outra banda, o presidente da asociación de pequenos comerciantes Viorneira, Palmira, Bulevar, José Manuel Fernández, tamén estivo en Fitur e realizou unha presentación no stand de TurEspaña, xunto á Secretaria Xeral de Turismo, sobre a Rede de cruceiros costeiros e fluviais de España e Portugal. Ademais, mantivo unha xuntanza co vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira.
Tariku Novales