ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoSaludSociedad

Ames colabora con SOGAPS na recollida de medicación para o pobo saharauí

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de noviembre de 2023 a las 10:59

Compartir
  • O Concello de Ames colabora coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí na campaña de recollida de medicación e material sanitario para o pobo saharauí.
  • As entregas poderanse facer ata o venres 17 de novembro, en horario de mañá, na Casa do Concello, en Bertamiráns, e nas oficinas de Servizos Sociais no Milladoiro
  • Para máis información pódese contactar coa delegada da comarca de Santiago, Esther Ybarra, a través do número de teléfono 609 764 945.
  • Precísase medicación oral, pomadas e medicación inxectable. Tamén se poden facer donativos a través da conta bancaria: ES48 2080 5056 1130 4006 3331

Ames, 14 de novembro de 2023.- O Concello de Anes colabora coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí na campaña de recollida de medicación e material sanitario para o pobo saharauí. As entregas poderanse facer ata o venres 17 de novembro, en horario de mañá, na Casa do Concello, en Bertamiráns, e nas oficinas de  Servizos Sociais no Milladoiro. Para máis información pódese contactar coa delegada da comarca de Santiago, Esther Ybarra, a través do número de teléfono 609 764 945. Precísase medicación oral, pomadas e medicación inxectable. Tamén se poden facer donativos a través da conta bancaria: ES48 2080 5056 1130 4006 3331.

O Concello de Ames volve a colaborar coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) nunha campaña solidaria. Desa volta é para a recollida de medicación e material sanitario para o pobo saharauí. A comisión sanitaria de SOGAPS vai realizar unha nova misión nos campamentos de refuxiados saharauís a comezos de decembro.

Dende dita asociación destacan que se precisa glucómetros, tiras, lancetas e pilas de botón; instrumental para curas; streptotest, test de ouriños e test de embarazo; aspiradores de secrecións infantil; auga osixenada, alcol, betadine, clrohexidina; suturas e tiras de aproximación; luvas estériles tallas 6.5, 7 e 7.5; batas e campos estériles talla L e XL.

Tamén se solicita medicación oral: paracetamol, ibuprofeno, dalsy, apiretal, enantyum, voltaren, nolotil, amoxicilina 500 mg (tamén en suspensión infantil e intravenoso), xaropes antitusivos e mucolíticos, metformina, captopril, ennalapril, antihistamínicos, vitaminas, ferro, soro oral, colirios e gotas de oídos; pomadas: corticoides, antibióticas, antiinflamatorias, antifunxicas, para queimaduras, eritromicina para os ollos, etc.

Por último, solicítase medicación inxectable: anestesia local (lidocaina, mepivacaína sen vasoconstríctor); analxésicos; antiinflamatorios; corticoides; antibióticos; metoclopramida (primperán); ranitidina; buscapina; e insulina.

Como podemos colaborar?

Pódese colaborar se tes material (non caducado) ou queres facer unha compra de medicación sen receita. Outra opción é colaborar cun donativo económico para que dende SOGAPS realicen a compra de dito material sanitario. O número da conta bancaria da asociación é: ES48 2080 5056 1130 4006 3331. No concepto hai que poñer “Comisión sanitaria”.

Lugares de recollida en Ames

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Pódense facer as entregas, en horario de mañá, na Casa do Concello, en Bertamiráns, e/ou nas oficinas de Servizos Sociais no Milladoiro. Para máis información pódese contactar coa delegada da comarca de Santiago, Esther Ybarra, a través do número de teléfono 609 764 945.

Etiquetas

amesmedicamentospobo saharauírecollida
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación