ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Comarca

O martes 21 comezan as obras no carril Santiago – Padrón da avenida Rosalía de Castro

O vindeiro martes, 21 de xaneiro, comezarán os traballos nun do carrís de circulación da avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro, dirección Santiago de Compostela – Padrón, entre a rotonda que está ao final da SC-20 (PK 67+100) e o cruce coa rúa da Raxoeira (PK 67+350)

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de enero de 2025 a las 21:54

Compartir

Poderase circular polo outro carril, ao igual que sucedeu no outro sentido de circulación, Padrón – Santiago, onde estes mesmos traballos xa se realizaron

Ditas obras estanse executando dende o pasado mes de setembro entre os quilómetros 67 e 68,600. Esta actuación conta cunha inversión de 4,4 millóns de euros e están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España

Ames, 17 de xaneiro de 2025.- O vindeiro martes, 21 de xaneiro, comezarán os traballos nun do carrís de circulación da avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro, dirección Santiago de Compostela – Padrón, entre a rotonda que está ao final da SC-20 (PK 67+100) e o cruce coa rúa da Raxoeira (PK 67+350). Poderase circular polo outro carril, ao igual que sucedeu no outro sentido de circulación, Padrón – Santiago, onde estes mesmos traballos xa se realizaron. Ditas obras estanse executando dende o pasado mes de setembro entre os quilómetros 67 e 68,600. Esta actuación conta cunha inversión de 4,4 millóns de euros e están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible está a executar as obras de humanización da estrada N-550 ao seu paso polo Milladoiro entre os quilómetros 67 y 68,600. Para garantir a seguridade, tanto dos traballadores como dos usuarios, a partir do vindeiro martes, 21 de xaneiro, haberá unha redución secuencial de dous a un só carril na avenida de Rosalía de Castro, en dirección Santiago de Compostela – Padrón, entre a rotonda que está ao final da SC-20 (PK 67+100) e o cruce coa rúa da Raxoeira (PK 67+350). Poderase circular polo outro carril, ao igual que sucedeu no outro sentido de circulación, Padrón – Santiago, onde estes mesmos traballos xa se realizaron.

Polo que, debido a que actualmente xa existen tramos da calzada esquerda (dirección  Padrón – Santiago) onde se está circulando por un só carril, a configuración da N-550 nalgúns tramos da avenida de Rosalía de Castro, terá só dous carrís, un por cada sentido de circulación. A estrada estará en servizo, habilitando sempre unha carril por sentido de circulación, non habendo restricións na circulación, senón unha redución de carrís. As paradas de autobús non sufrirán modificacións, mantendo as mesmas na súa localización actual.

Deste xeito, dáselle continuidade aos traballos que se están executando dende o pasado mes de setembro. As obras comezaron nun dos carrís da avenida de Rosalía de Castro, dirección Padrón – Santiago, onde na actualidade se están rematando as novas beirarrúas. Estes mesmos traballos vanse realizar a partir da vindeira semana no outro sentido de circulación, Santiago – Padrón.

Para asegurar a fluidez do tráfico durante o tempo que duren as obras habilitáronse diversos itinerarios alternativos:

  • Recoméndase, con carácter xeral, que os itinerarios entre Santiago e Padrón se fagan evitando a travesía do Milladoiro, empregando a autovía AG-56 e a vía de alta capacidade VG-1.7, propoñéndose as seguintes alternativas:

-Alternativa ao traxecto de saída de Santiago en dirección Padrón: incorporación á autovía AG-56 na conexión coa SC-20, e saída no enlace de Pardiñas (quilómetro 3), dirección á vía de alta capacidade VG-1.7, cara a travesía das Galanas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

-Alternativa ao traxecto de entrada a Santiago desde Pontevedra ou Padrón: incorporación á vía de alta capacidade VG-1.7, situada no quilómetro 69,200 da N-550, dirección Santiago, incorporación á autovía AG-56 dirección Santiago de Compostela, e saída na conexión coa estrada SC-20.

  • No caso dos traxectos locais, para acceder a vivendas ou establecementos do núcleo urbano do Milladoiro, recoméndase empregar rúas paralelas á travesía do Milladoiro, para evitar circular polo tramo en obras.
  • Para acceder e saír do parque empresarial Novo Milladoiro recoméndase empregar os viarios que conectan o polígono coa VG-1.7 no enlace de Biduído, e a súa posterior conexión coa AG-56.

Etiquetas

amescomarcamilladoiro
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación