ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Ames amplía a programación de fin de ano cun “tardeo” e unha festa para recibir 2026

Líder Redacción

Líder Redacción

26 de noviembre de 2025 a las 21:29

Compartir
  • Dende o Concello búscase ofrecer unha programación festiva segura durante o último día do ano dentro do termo municipal
  • O alcalde, Blas García,  explicou que é unha demanda da mocidade e “estamos encantados de poder responder”
  • Toda a información sobre esta programación será revelada o luns, 1 de decembro

Ames, 26 de novembro de 2025.- O Concello de Ames prepara unha celebración especial para despedir o ano este 31 de decembro, cunha programación pensada para que a veciñanza poida gozar da festa sen saír do municipio. Baixo o lema “Este 31 de decembro queda no teu concello… Fin de Ano en Ames!”. As dúas citas anunciadas sumaranse ás tradicionais Prebadaladas, que se celebrarán, coma todos os anos na Praza do Concello.

Tras as Prebadaladas, na mesma localización (Praza do Concello) celebrarase de 17:00 a 21:00 horas o denominado tardeo. Será unha proposta pensada para todos os públicos, coa intención de crear ambiente festivo desde primeira hora da tarde e fomentar os encontros entre a veciñanza nun espazo seguro e accesible.

Xa entrada a madrugada, tras as badaladas, terá lugar unha Festa de Fin de Ano que se celebrará no pavillón de Bertamiráns, de 01:00 a 08:00 horas, dirixida a persoas maiores de 18 anos. Trátase dunha das principais novidades da programación municipal para este ano, co obxectivo de ofrecer unha alternativa de ocio nocturno no propio concello.

O alcalde Blas García explicou que esta “é unha demanda da mocidade de Ames, que se mobilizou e veu solicitarnos ampliar a programación de Fin de Ano para poder festexar este día no seu concello. Nós estamos encantados de poder responder e esperamos que sexa todo un éxito para mantelo no tempo e convertelo en tradición”. O rexedor tamén indicou que este é un modo de limitar os desprazamentos nesta noite de Fin de Ano para as persoas que desexen festexala, e un modo de aliviar as familiar da carga dos desprazamentos durante esta noite.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Durante esta noite de fin de ano o Concello de Ames habilitará un servizo especial de autobús para facilitar os desprazamentos da veciñanza de Ames ao evento e garantir unha festa segura.  Dende o Concello convídase a toda a cidadanía a participar desta celebración pensada para gozar en comunidade, con seguridade e sen necesidade de coller o coche. Toda a información sobre esta programación será revelada o luns, 1 de decembro.

Etiquetas

amesnadal
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación