ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDeportesPolítica

Amadeo Abal e Debris Paniagua gañan a 42 Carreira Pedestre da Amaía (Brión)

7 de outubro de 2025.- O cambadés Amadeo Abal Chaves (Amadeo Abal Nutrición Deportiva) e a compostelá Debris Paniagua Rodríguez (Club Atletismo O Pino) son os gañadores da XLII Carreira Pedestre da Amaía, organizada polo Concello de Brión en colaboración co Club Deportivo Brión Hypersa Santiago. Ao igual que o ano pasado, o tempo non acompañou este sábado en Brión pero tampouco restou participación, pois un total de 392 atletas cruzaron a liña de meta, 190 máis co ano pasado.

Líder Redacción

Líder Redacción

7 de octubre de 2025 a las 22:27

Compartir

O gañador, Amadeo Abal, entrou en meta cun tempo de 31 minutos e 15 segundos, rebaixando en 1 minuto o tempo do gañador da edición 2024 e en minuto e medio o seu tempo de hai un ano, que lle valera daquela a terceira praza. Abal Chaves tivo unha carreira cómoda, na que lle sacou 1 minuto e 35 segundos ao segundo clasificado, Hugo García Souto, do Atletismo Portugalete, e 1 minuto e 49 segundos ao terceiro, Amador Pena Torreira, do Atletismo Obradoiro.

Na categoría feminina, continúa a “maldición” desta proba: ningunha atleta repite título de forma consecutiva, se ben nesta ocasión debeuse á que Isabel Caeiro Mariño non tomou parte na carreira. De feito, o podio foi totalmente renovado coa vitoria de Debris Paniagua Rodríguez, cun tempo de 35 minutos e 50 segundos, que lle permitiron entrar nun meritorio posto 14 da proba absoluta, seguida a tan só 9 segundos por Sabela Castelo López, do Club Ourense Atletismo. Completou o podio Demeku Paniagua Rodríguez, do Club Atletismo O Pino, cun tempo de 36 minutos e 37 segundos.

Dominio dos equipos de Santiago

Os equipos composteláns coparon un ano máis a clasificación por equipos. Por segundo ano consecutivo o triunfo foi para o Club Triatlón Compostela, seguido polo Club Atletismo Sar. Os locais do Club Atletismo Brión-Hyupersa Santiago conseguiron a terceira praza. Os premios foron entregados polo alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín; e o concelleiro de Deportes, Carlos Noya, quen estiveron acompañados das concelleiras Rosa Romero e Guarina Rey, así como polo concelleiro José Antonio Vidal. Uns trofeos deseñados polo prestixioso ceramista Nano Unzueta, residente en Brión.

Etiquetas

briondeportes
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos
Deportes

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo
Deportes

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo

A Romaría de Santa Minia, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia
Comarca

A Romaría de Santa Minia, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete
Deportes

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete