A praza da Oliveira – Pilar Pereira rende homenaxe á actriz compostelá
21/05/2024 A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada de representantes da Corporación municipal e do tecido social e cultural compostelán, participaron nun acto para darlle o nome da «praza da Oliveira-Pilar Pereira» ao espazo situado na Cidade histórica entre a rúa e ruela da Oliveira. A intención é que Pilar Pereira permaneza «na memoria colectiva da veciñanza compostelá e que, ao igual que esta oliveira, enraíce neste lugar coa mesma forza coa que viviu e desempeñou a súa traxectoria profesional», en palabras da rexedora. No acto tamén participaron as fillas da homenaxeada, Alexandra e Camila Bossa.