ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

A Policía Local regresa ás aulas de Santiago na súa campaña contra o incivismo no ocio nocturno

23/09/2024 A Policía Local de Santiago volverá percorrer os centros educativos de Santiago para concienciar ao alumnado das consecuencias que poden ter determinadas condutas incívicas asociadas ao ocio nocturno. O concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, deu conta hoxe do comezo das charlas, que volverá impartir o policía Martín Camba.

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de septiembre de 2024 a las 15:46

Compartir

Xan Duro explicou que «estas charlas son complementarias das que impulsan outros departamentos municipais, como poden ser Mocidade ou Dereitos Sociais, e abordan a problemática das condutas incívicas desde o punto de vista das consecuencias legais que poden ter para quen as cometen». Trátase de explicarlles aos mozos e mozas as ordenanzas municipais, os motivos polos que determinadas accións son consideradas infraccións, e cales son as medidas sancionadoras que se prevén para actos como beber na rúa, vociferar ou ouriñar nos espazo públicos.

O encargado de impartir as charlas é Martín Camba, que explicou que a iniciativa céntrase nos centros de ensino secundario, «para atender ás franxas de idade nas que os mozos e mozas adoitan ter as súas primeiras experiencias de ocio nocturno». Ademais, haberá charlas en residencias universitarias e colexios maiores, e como novidade este ano, a iniciativa chegará tamén ás ANPAS, «para que as nais e pais coñezan a normativa relacionada co ocio nocturno, tendo en conta o seu papel fundamental na concienciación, que debe partir da información».

Martín Camba explicou que as charlas «están pensadas para interactuar cos mozos e mozas, a través de exemplos moi concretos sobre condutas reais e habituais». Trátase, apuntou, de que a rapazada «sexa consciente de qué situacións concretas poden provocar qué problemas concretos, e tamén de que coñeza por que as ordenanzas son como son, por que os seus artigos están redactados de determinada maneira, e cales son os obxectivos que perseguen».

As charlas comezarán o próximo día 1 de outubro, e desenvolveránse ao longo dos próximos meses en todos aqueles centros que o soliciten. O ano pasado, as charlas organizadas pola Policía Local chegaron a máis de 3.000 alumnos e alumnas de Santiago.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

charlasmocidadenoticias compostelaocio nocturnoPolicia localsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Garda Civil felicita á Policía Local de Rianxo pola súa colaboración na loita contra o tráfico de drogas
Comarca

A Garda Civil felicita á Policía Local de Rianxo pola súa colaboración na loita contra o tráfico de drogas

O CPR San Xosé de Cluny acolle este martes o derradeiro ‘Fala que Fala’ da tempada
Destacado

O CPR San Xosé de Cluny acolle este martes o derradeiro ‘Fala que Fala’ da tempada

Multado en Santiago por conducir un patinete por la acera, portar un arma blanca e insultar a la Policía
Destacado

Multado en Santiago por conducir un patinete por la acera, portar un arma blanca e insultar a la Policía

Trece anos de Chocolote: os reis do tardeo en Compostela celebran este sábado a festa de aniversario
Actualidad

Trece anos de Chocolote: os reis do tardeo en Compostela celebran este sábado a festa de aniversario