Esta aposta pola xuventude amosase xa na autoría do cartel das festas da Pascua, obra do artista Lestrovense, o mozo de Dodro Mateo Pardal, que quixo reflexar “o carácter tradicional da a través do folclore e do baile galego, representado por tres bailarinas, unha delas vista desde unha perspectiva aérea na parte superior dereita”.
A combinación de cores primarias como o amarelo, o azul e o vermello, xunto co negro “será un forte contraste que simboliza a dualidade da festa”, asegura Mateo Pardal. “Por unha parte evoca a ledicia e a luminosidade da feira, coas súas luces e focos das atraccións, e, por outra, suxire as sombras danzantes das persoas na noite, nun xogo de luces e contrastes que reforza a atmosfera dinámica e festiva do evento”, asegura o artista dodrense.
Feira Cabalar
A Feira Cabalar, que se celebra o domingo 20, é outro dos atractivos principais das Festas e Pascua. Criadores, tratantes e afeccionados de toda Galicia achegaranse ata a tradicional feira, que se celebra no Campo da Barca.
A partir das 10.00 celebrarase o tradicional concurso morfolóxico, que nalgunhas categorías é puntuable para a Copa Galicia. Este ano introdúcese como novidade o concurso de cabalos percheróns, bretóns e hispano-bretóns, e vólvese celebrar o concurso de ponis, no que se dará relevancia a que os presentadores dos animais sexan menores de idade. O concurso de eguas e cabalos e pura raza árabe está previsto que comece sobre o mediodía.
Organizado pola Asociación de Pura Raza Cabalo Galego en colaboración co Concello, a Feira Cabalar e o concurso rematará cun espectáculo de doma.