ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDestacadoPolíticaTurismo

A Oficina de Turismo de Padrón recibe as certificacións de Calidade e Sostibilidade Turística

• Estas distincións concédense ás organizacións turísticas que implantaron un sistema de xestión de calidade orientado á excelencia, mellora continua e satisfacción do cliente
• A certificación de sostibilidade garante que a Oficina de Turismo segue un sistema de xestión orientado ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
• A concelleira de Turismo, Chus Campos, subliña que estes recoñecementos “reafirman o ambicioso proxecto do goberno local para potenciar o atractivo turístico de Padrón”

Líder Redacción

Líder Redacción

9 de diciembre de 2024 a las 10:45

Compartir

O Concello de Padrón celebra a obtención das certificacións Q de Calidade Turística e S de Sostibilidade Turística pola súa Oficina de Información Turística, recoñecementos outorgados polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE). Estas distincións acreditan o esforzo do municipio por ofrecer servizos turísticos de alta calidade e avanzar cara a un modelo sostible, en consonancia cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 das Nacións Unidas.

O proceso de certificación iniciouse en maio e durante estes meses traballouse en todos os procesos e requisitos requiridos para poder conseguir estes certificados. Ambos sistemas serán avaliados de forma periódica por organismos independentes para garantir o mantemento, a renovación e a mellora continua destas certificacións, co obxectivo de satisfacer as necesidades de visitantes e partes interesadas, sen comprometer as necesidades das xeracións futuras nin o equilibrio ambiental e social.

A marca de calidade distingue ás organizacións turísticas que implantaron un sistema de xestión de calidade orientado á excelencia, mellora continua e satisfacción do cliente.

A certificación de sostibilidade, que foi implantada en 2022, garante que a Oficina de Turismo segue un sistema de xestión orientado ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Entre os beneficios que se destacan, achéganse a accesibilidade a novos mercados turísticos ligados á innovación, a mellora da reputación da organización, a redución de custos mediante prácticas ambientais eficientes e a motivación e retención de talento entre o persoal.

Para garantir a continuidade das accións relacionadas coa sostibilidade, creouse un comité formado por María Jesús Campos Varela, concelleira de Turismo de Padrón, e Alberto Rey Castro, responsable do sistema de xestión de calidade e sostibilidade, que dirixen o proceso de definición dos obxectivos e a planificación das accións.

Este comité, ademais de coordinar os esforzos do equipo de traballo, estará encargado de realizar un seguimento anual dos avances na consecución dos obxectivos establecidos. O foco estará posto principalmente en tres ODS: Saúde e Benestar (ODS 3), Redución das Desigualdades (ODS 10) e Cidades e Comunidades Sostibles (ODS 11).

A Oficina de Información Turística de Padrón ten programadas varias accións para 2025, como a creación dun decálogo de turismo responsable, a promoción de produtos locais a través de xornadas gastronómicas, a formación do persoal en sustentabilidade e planificación turística, a participación en proxectos de colaboración con entidades sen ánimo de lucro e a creación de actividades saudables ao aire libre, como rutas de sendeirismo.

Proxectos clave para o turismo en Padrón

A concelleira de Turismo, Chus Campos, subliñou que estas certificacións “reafirman o ambicioso proxecto do goberno local para potenciar o atractivo turístico de Padrón”. Neste sentido, lembrou actuacións recentes como o plan de embelecemento da área recreativa da desembocadura dos ríos Sar e Ulla, que contou cunha achega de máis de 60.000 euros procedentes dos fondos NextGenerationEU. “Esta actuación permitiu mellorar significativamente un espazo clave tanto para os veciños como para os visitantes, facendo que sexa máis atractivo e accesible”, apuntou a edil.

Ademais, a concelleira avanzou a posta en marcha dun novo proxecto para unha nova Oficina de Turismo, que estará situada na praza de Abastos. Este espazo, máis amplo e moderno, estará deseñado para dinamizar o turismo cultural, gastronómico e natural do municipio. “Queremos ofrecer unha oficina que reflicta o enorme potencial de Padrón como destino e que sexa un punto de referencia para a promoción turística da vila”, explicou Campos.

Campos tamén confirmou que Padrón volverá a ter unha presenza destacada en FITUR 2025, unha das principais feiras internacionais de turismo co obxectivo de consolidar os bos resultados acadados o ano pasado.

A concelleira resaltou ademais que Padrón foi recentemente recoñecido como Pueblo Mágico, sendo a primeira localidade da provincia da Coruña e a única galega seleccionada nesta edición. “Este selo de calidade é un recoñecemento ao noso traballo por situar a Padrón no mapa turístico nacional e internacional. Somos un destino con identidade propia, e este título dálle aínda máis prestixio ao noso municipio”, engadiu.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A obtención das certificacións Q de Calidade Turística e S de Sostibilidade Turística para a Oficina de Información Turística, así como as accións que se están a levar cabo, confirman o compromiso do goberno local cun turismo sostible e de calidade. O Concello de Padrón aposta por un turismo que combina tradición, modernidade e respecto polo medioambiente.

Etiquetas

calidadepadronturismo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago
Actualidad

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón