ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

A gala «A NOITE» do CPEIG celebrarase o 12 de xuño en Santiago

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de febrero de 2026 a las 14:10

Compartir
  • O evento reunirá a máis 400 convidados entre profesionais de empresas TIC, corpo colexial e autoridades, coa finalidade de dar pulo á profesión de enxeñaría en informática

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2026 (Vía Láctea Comunicación).- O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebrará a súa «XVIII NOITE da Enxeñaría en Informática de Galicia» o 12 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago. O evento é un punto de encontro entre os colexiadas/os do CPEIG e un gran número de empresas e profesionais TIC de Galicia, que conta cunha destacada participación de cargos empresariais, institucionais e políticos e é un referente para o sector.

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, explica que a Noite é xa unha gala consolidada onde o Colexio profesional pretende mostrar á sociedade o traballo desenvolto por enxeñeiras/os en informática dentro da sociedade da información e as iniciativas relacionadas co ámbito das TIC. No marco desta gala entregaranse os Premios da Noite, con máis de media ducia de categorías nas que as colexiadas/os recoñecen iniciativas ou persoas destacadas no ámbito da enxeñaría en informática.

As persoas, organismos e entidades distinguidas en 2025 foron: O  primeiro punto neutro de intercambio de tráfico de datos en Galicia, Galnix; a enxeñeira informática Josefina Alonso, directora de Operacións do Digital Innovation Hub da Industria de Galicia; o doutor en Informática Luis de Salvador, director da División de Innovación Tecnolóxica da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD); a Olimpiada Informática Española; o CTAG, Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia; o Colexio Manuel Peleteiro de Santiago polo seu Plan de Benestar Dixital; a compañía Accenture, pola súa participación no Programa Nacional de Algoritmos Verdes; a Consellería de Sanidade pola súa certificación no alto nivel do Esquema Nacional de Seguridade; o proxecto Neurocloud, da spin-off coruñesa Qubiotech; a Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego na formación dos profesionais galegos a través do programa formativo do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia; o enxeñeiro informático Santiago Noriega; a empresa Unisys; o proxecto QUORUM; e o catedrático emérito de Enxeñaría Química Juan Casares Long.

O CPEIG constituíuse en decembro de 2007 como corporación de dereito público e de carácter profesional con personalidade xurídica propia que se rexe pola normativa vixente na materia e polos seus estatutos. Cunha estrutura interna democrática e independente das administracións públicas, agrupa obrigatoriamente a todas as persoas que, tendo o título oficial de Enxeñaría en Informática ou Licenciatura en Informática, desenvolven actividades propias da profesión en Galicia. Na actualidade, o CPEIG suma máis de 350 colexiados e colexiadas.

Etiquetas

CPEIG
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O CPEIG ofrece recomendacións para protexer á cidadanía das ciberestafas no Black Friday
Actualidad

O CPEIG ofrece recomendacións para protexer á cidadanía das ciberestafas no Black Friday

Santiago lidera los ciberataques en Galicia que ya generan más dinero que el narcotráfico
Actualidad

Santiago lidera los ciberataques en Galicia que ya generan más dinero que el narcotráfico

O CPEIG convoca o XV Premio Traballo Fin de Máster en Enxeñaría Informática
Actualidad

O CPEIG convoca o XV Premio Traballo Fin de Máster en Enxeñaría Informática

O CPEIG entregará os seus premios anuais o 21 de xuño en Santiago
Actualidad

O CPEIG entregará os seus premios anuais o 21 de xuño en Santiago