ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaPolítica

A Estrada despide a primeira Rapa das Bestas BIC, con público de EE.UU., México ou Hong Kong

 

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de julio de 2025 a las 16:20

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, desfrutando da rapa

Compartir
  • Dende o Concello apláudese a boa sintonía e implicación coa Asociación Rapa das Bestas e o bo funcionamento do Plan de Emerxencias activado para estes días de Festa de Interese Turístico Internacional.
  • A análise da venta de entradas a través de internet permite observar a proxección mundial que ten a Rapa, con billetes adquiridos dende países como Estados Unidos, Hong Kong, Alxeria, México, Colombia, Alemaña, Italia ou Reino Unido, entre outros.
  • Os de Sabucedo non dubidaron en ir buscar a Gonzalo Louzao e Óscar Durán para duchalos coas mangueiras na súa tradicional xuntanza a carón do teleclub.

A Estrada, 8 de xullo de 2025.- Coa volta das greas do Santo aos montes nos que viven en liberdade, Sabucedo en particular e A Estrada en xeral despiden unha edición da Rapa das Bestas que pasará á historia local como a primeira que se celebra coa súa catalogación como Ben de Interese Cultural (BIC) inmaterial. No momento de facer un primeiro balance, a edición queda tamén marcada por unha ‘comuñón’ e un ‘bautismo’.

“A comuñón coa asociación é total”, aseverou hoxe Óscar Durán, o concelleiro delegado da organización da Rapa das Bestas na vertente municipal destes traballos. O edil aplaudiu a boa sintonía coa asociación que preside Paulo Vicente Monteagudo, sinalando que o Concello puxo todo da súa parte para procurar que todo saíse o mellor posible.

Tras destacar os bos resultados de afluencia no curro e no conxunto da festa, Óscar Durán aludiu ao bo funcionamento do Plan de Emerxencia, destacando que contribuíu a dar unha reposta rápida e eficiente ante as “pequenas incidencias” que se foron rexistrando. Foi o caso dun pequeno incendio nunha caseta; un golpe no teleclub; contusións e mazaduras durante os curros; un golpe de calor experimentado por un espectador ou unha picadura de vespa. “Ante todo se puido actuar con rapidez e, afortunadamente, con bos resultados”, sinalou Durán.

Foi o propio Óscar Durán o que aludiu ao “bautismo” que a Asociación Rapa das Bestas lle brindou, en clave festiva e de camaradería, ao alcalde, Gonzalo Louzao Dono, e a el mesmo despois do curro do domingo. Como é habitual, os aloitadores gozaban do descanso e da festa na costa do Teleclub de Sabucedo e non tardaron en aparecer as tradicionais mangueiras para rebaixar as temperaturas e elevar a celebración.

Integrantes da asociación saíron na procura do rexedor e do concelleiro para facelos pasar polo ritual, un xesto que os dous políticos non dubidaron en agradecer a pesares da molladura.

Óscar Durán tamén quixo aproveitar hoxe a ocasión para agradecer a presenza dunha decena de alcaldes, numerosos deputados e tres conselleiros (Cultura, Sanidade e Educación) durante estes días da Rapa das Bestas, destacando asemade o respaldo que o evento tivo na concorrida xornada do luns. “O terceiro curro do ano estivo lonxe desa imaxe de curro máis familiar. Tivo unha gran afluencia”, sinalou Durán. O concelleiro aplaudiu tamén o ambiente festivo que, ao longo de todo o día, se viviu en Sabucedo durante esta fin de semana.

Análise das procedencias

No departamento municipal de Cultura avaliáronse hoxe os datos correspondentes á venta de entradas a través de internet, a única habilitada nesta e nas últimas convocatorias. Concretamente, revisouse a procedencia dos espectadores que gozaron do curro, un dato que permite observar a proxección internacional que ten a Rapa das Bestas. Xunto con público chegado de distintos puntos da xeografía española, no curro do sábado houbo persoas procedentes de países como Francia, Irlanda, Estados Unidos, Colombia, México ou Portugal.

Para presenciar o curro do domingo adquiríronse entradas de Estados Unidos, Reino Unido, Portugal, Italia, Hong Kong, Alemaña, Francia, Bélxica, Alxeria ou Andorra. Para o último do ano, o deste luns, os billetes foron mercados por espectadores chegados deBélxica, Brasil, Cuba, Francia, Alemaña, Italia, México, Portugal, Reino Unido ou Estados Unidos.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Cómpre sinalar que as entradas para a primeira cita do ano no curro do Campo do Medio esgotáronse en catro días (as primeiras vendéronse o 1 de xuño) e as do domingo, en seis.

Etiquetas

a estradarapa das bestassabucedo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra
Comarca

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra

A Feira da Sidra da Estrada activa a venda anticipada de vasos para reducir colas
Comarca

A Feira da Sidra da Estrada activa a venda anticipada de vasos para reducir colas

A Festa do Salmón da Estrada consolida o seu renacer cun éxito masivo
Comarca

A Festa do Salmón da Estrada consolida o seu renacer cun éxito masivo

Neves Rodríguez dará na Estrada o pregón das Letras Galegas
Comarca

Neves Rodríguez dará na Estrada o pregón das Letras Galegas