ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolítica

“A enquisa do CIS confirma que hai partido cun PP á baixa e un BNG que non deixa de medrar”

 

Líder Redacción

Líder Redacción

25 de enero de 2024 a las 20:20

Compartir

 

 

Recalca, en todo caso, que a enquisa válida é a do 18-F, polo que fai un chamamento á mobilización e a concentrar o voto do cambio na candidatura de Ana Pontón

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro, 2024. O director de campaña do BNG, Rubén Cela, considera que a enquisa publicada polo CIS este xoves confirma que “hai partido” de cara ás eleccións do 18-F e que estes comicios son “os máis abertos da últimas décadas”.

Cela asegura ademais que a enquisa corrobora que, tal e como mantén o Bloque dende hai meses, o Partido Popular “está claramente á baixa e pode perder a maioría absoluta”  porque “hoxe hai moitos máis galegos e galegas que prefiren un cambio político que o continuismo do PP”.

Como terceira conclusión da sondaxe do Centro de Investigacións Sociais, o dirixente nacionalista apunta á confirmación de que o BNG é a forza política que máis sobe e a que lle está a disputar a maioría ao PP. “Ana Pontón é a candidata mellor valorada e está en disposición de disputarlle a presidencia do goberno a Alfonso Rueda e convertirse na primeira presidenta da historia da Xunta”, subliña.

En calquera caso, remarca que aínda quedan tres intensas semanas por diante antes da celebración dos comicios, un tempo no que está convencido de que se van agudizar as tendencias que sinala o CIS: “O BNG á alza e o PP á baixa”.

“Hai un movemento de fondo de cambio que xa é imparábel, pero é certo que a única enquisa válida e o día das eleccións”, agregou.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

De aí a súa chamada á mobilización e á concentración do voto do cambio no BNG, a única forza en disposición de disputarlle a presidencia da Xunta a Rueda e liderar a alternativa ao PP. “Todas as persoas que queremos cambio, temos que ir votar. Nin un só voto de cambio pode ficar na casa”, advertiu o director de campaña do BNG.

Etiquetas

bngCISEleccionspolitica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo