ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDeputación da CoruñaTurismo

A Deputación da Coruña promoverá en FITUR a gastronomía e a Vía Verde

A Deputación da Coruña será protagonista na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se celebrará en Madrid entre o 22 e o 26 de xaneiro. O mércores 22, ás 14 horas, presentará dúas das súas propostas máis destacadas: unha nova campaña de turismo enfocada na gastronomía e no territorio, e a Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, un proxecto que busca consolidarse como referente en turismo sostible e dinamización socioeconómica.

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de enero de 2025 a las 21:15

Compartir

O vicepresidente e deputado de turismo, Xosé Regueira, destacou a importancia deste evento afirmando que “Fitur 2025 marcará un fito moi importante, pois alí lanzaremos a nosa nova campaña de turismo, que pon o foco na gastronomía e no territorio». Segundo explicou, a campaña está aliñada coa estratexia de turismo sostible da Deputación, promovendo a preservación do medio ambiente e impulsando o sector agroalimentario como elemento clave para un turismo de calidade. Regueira resaltou tamén que a campaña será «innovadora e inesperada, sen deixar a ninguén indiferente».

Outro dos grandes protagonistas será a Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, a máis longa de Galicia e unha das máis extensas da península. Antonio Leira, deputado e coordinador da Asociación de Concellos da Vía Verde, explicou que este proxecto será presentado baixo o programa “Deportistas na Vía”. Esta iniciativa contará con figuras como o triatleta Iván Raña, que exercerán de embaixadores para atraer a públicos interesados no turismo activo e no deporte.

O presidente da Asociación de Concellos da Vía Verde, Alexander Doval, puxo en valor esta infraestrutura como unha ferramenta para dinamizar socioeconomicamente os concellos polos que discorre a vía, resaltando o seu impacto positivo na creación de emprego e no asentamento da poboación no rural.

Deste xeito, a Deputación busca reforzar a súa aposta por un modelo turístico sostible e integrado, no que se combinen o respecto polo medio ambiente e a promoción da identidade local a través de iniciativas que xeren oportunidades económicas e melloren a calidade de vida das comunidades.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Con estas presentacións, a Deputación da Coruña reafirma o seu compromiso cun turismo que promove valores de sustentabilidade económica, social e medioambiental, consolidándose como un exemplo de innovación no sector turístico galego e nacional.

Etiquetas

deputacion da coruñafitur 2025gastronomiaturismovia verde
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A gastronomía e a solidariedade volven darse a man en Negreira
Actualidad

A gastronomía e a solidariedade volven darse a man en Negreira

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago
Actualidad

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»