ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDeputación da Coruña

A Deputación despídese de Madrid Fusión tras poñer en valor o ‘Silicon Valley’ que representa a enogastronomía da provincia

Líder Redacción

Líder Redacción

28 de enero de 2026 a las 21:39

Compartir
  • Produto, talento e territorio como eixos dunha presenza consolidada no principal escaparate gastronómico do Estado
  • A Deputación da Coruña refirma con esta participación a aposta polo enoturismo como valor competitivo da provincia

A Deputación da Coruña pechou este mércores a súa participación en Madrid Fusión 2026 amosando o que define como «o Silicon Valley» que supón a enogastronomía da provincia: unha cadea de valor baseada no talento profesional, na innovación, no coñecemento e na calidade do produto local. A institución estaca a elevada afluencia de público ao longo das tres xornadas e o interese suscitado polos produtos e o talento gastronómico da provincia. A presenza nesta feira de referencia internacional serviu para reforzar a campaña ‘A paisaxe que sabe’ como marca dun territorio que entende a gastronomía como un elemento estratéxico de identidade, desenvolvemento e proxección exterior.

O vicepresidente da Deputación e responsábel das áreas de Turismo e Promoción Económica, Xosé Regueira, subliña que a participación en Madrid Fusión responde a unha traxectoria consolidada. Segundo lembra, hai aproximadamente catro anos a enogastronomía converteuse no primeiro produto turístico da provincia da Coruña, o que levou a institución a estar presente de maneira continuada en eventos de referencia, tanto a nivel galego como internacional, até situarse hoxe «nun dos máis importantes do Estado como é Madrid Fusión».

Para Regueira, a cadea de valor da enogastronomía da provincia é «o noso verdadeiro Silicon Valley», un ecosistema baseado no coñecemento, no talento profesional e na calidade do produto, que cómpre coidar, protexer e aproveitar, especialmente no mercado internacional. Nese contexto, a Deputación levou ao certame un elenco de produtores e exemplos representativos da restauración provincial, cunha presenza territorial ampla e diversa, que permitiu amosar a fortaleza dun sector que abrangue desde a produción primaria até a alta cociña.

Ao longo das tres xornadas, centos de persoas achegáronse ao posto da Deputación para coñecer de primeira man a diversidade da despensa coruñesa, tanto do mar como da terra, e as múltiples posibilidades de transformación e reinterpretación culinaria. A resposta do público profesional confirma, segundo Regueira, «o interese crecente polos produtos de proximidade, pola súa trazabilidade e a capacidade de contar unha historia vencellada á paisaxe e á cultura gastronómica».

As presentacións e degustacións sucedéronse desde a xornada inaugural, con referencias xa consolidadas como as Gallegas de Nata da Coruña, La Despensa D’Lujo de Coristanco, as conservas de A Conserveira, os queixos de Galmesán, os produtos da horta de Os Biosbardos de Cambre ou as elaboracións da marca santiaguesa Chichalovers. A combinación de propostas permitiu amosar non só a calidade da materia prima, senón tamén a súa versatilidade e as posibilidades de colaboración entre empresas do propio territorio.

A cociña en directo tivo un papel central na programación, cunha sucesión de demostracións que combinaron tradición e reinterpretación contemporánea. Nas primeiras xornadas, Fabián Mouzo e Lara Alvarellos, do restaurante O Camiño Fala de Mazaricos, reivindicaron a cociña ligada á memoria e ao receitario popular, con elaboracións como os callos ao estilo de Carnés ou as albóndegas de atún en salsa verde.

Pola súa banda, Silvia Facal e Rafa Varela, do restaurante Balarés de Ponteceso, ofreceron unha ollada máis actual á despensa mariña, poñendo o foco no produto de baixura e na súa conexión co Atlántico. Precisamente, na segunda xornada da feira, recolleron o premio ao hotel con mellor almorzo que concede a organización de Madrid Fusión.

Xunto á vertente culinaria, a programación incorporou tamén accións divulgativas, con relatorios e catas a cargo do sumiller e formador Alejandro Paadín, que permitiron afondar nos viños das indicacións xeográficas protexidas Terras do Barbanza e Iria e Betanzos, así como noutros proxectos enoturísticos da provincia. Para Regueira, esta dimensión resulta clave para explicar que «a paisaxe tamén se bebe» e que o viño forma parte esencial da identidade gastronómica do territorio.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A xornada final contou coa participación da chef Lucía Freitas, cunha estrela Michelin, que protagonizou dúas demostracións nas que combinou produtos da provincia en propostas de alta cociña vencelladas ao territorio, pechando así unha programación marcada pola excelencia profesional e pola coherencia co relato de ‘A paisaxe que sabe’.

Etiquetas

deputacion da coruñamadrid fusion
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Deputación felicita ao Obradoiro polo seu regreso á ACB
Deportes

A Deputación felicita ao Obradoiro polo seu regreso á ACB

Antonio Leira: “O Plan Único é un fiel reflexo de que a Deputación ten que estar ao servizo dos concellos”
Actualidad

Antonio Leira: “O Plan Único é un fiel reflexo de que a Deputación ten que estar ao servizo dos concellos”

A Deputación destina medio millón de euros para apoiar 24 grandes eventos deportivos
Deputación da Coruña

A Deputación destina medio millón de euros para apoiar 24 grandes eventos deportivos

A Deputación participa na inauguración da Feira do Libro de Santiago
Deputación da Coruña

A Deputación participa na inauguración da Feira do Libro de Santiago