A concesionaria da ORA condenada a pagarlle máis de 700.000 euros a Raxoi
O Concello de Santiago vén de iniciar o procedemento para reclamarlle á empresa Setex Aparki S.A, concesionaria do servizo da ORA e do guindastre antes da súa municipalización, o pago de máis de 700.000 euros pola liquidación do seu contrato. Así se recolle na resolución da que se deu conta na Xunta de Goberno de hoxe, despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimara o recurso de apelación presentado pola empresa contra a sentenza ditada hai un ano polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago.