ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

A CIG denuncia pingueiras, frío e cheiros a fosa séptica no Centro de Saúde de Santa Comba

 

Líder Redacción

Líder Redacción

13 de febrero de 2026 a las 13:11

Estado do tellado do Centro de Saúde de Santa Comba

Compartir
  • A CIG-Saúde da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza convoca unha concentración para denunciar o estado de abandono, o 19 de febreiro ás 11:00 horas

Santa Comba, 13 de febreiro de 2026.- A CIG-Saúde da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza vén de anunciar a convocatoria dunha concentración diante do Centro de Saúde de Santa Comba baixo o lema “Pola seguridade nos postos de traballo. Coa nosa saúde non se xoga”, en protesta polo grave deterioro que sofre, desde hai anos, e que “pon en risco a seguridade e saúde, tanto das persoas usuarias, como das traballadoras”.

A CIG-Saúde lembra que hai máis de tres anos se presentaron varias denuncias, tanto diante da autoridade laboral, como nos distintos órganos de Prevención e Saúde dentro da Área Sanitaria, sen que se traduciran, até o de agora, en actuación algunha para resolver a situación. Lamenta tamén que non se actuara, sequera, diante das preguntas presentadas, sobre esta cuestión, no Parlamento de Galiza.

Titularidade municipal

A CIG-Saúde considera que a titularidade municipal do centro obstaculiza considerablemente unha coordinación entre as administracións. Afirma, porén, que “isto non pode servir en ningún momento de escusa, ante o deterioro progresivo e decadente que presenta o centro , tanto na parte de PAC como na do Centro de Saúde”.

Denuncia ademais que tamén se incumpriron os requirimentos realizados da autoridade laboral, en agosto de 2024, para que se resolveran esas deficiencias.

Apunta, entre outras cuestións, o frío que hai nas consultas de xeito habitual, con temperaturas de 12ºC no bloque de consultas do Centro de Saúde; uunha instalación eléctrica obsoleta, que salta acotío e provoca constantes interrupcións.

Denuncia goteiras e humidades perpetuas; cheiros a fosa séptica; falta de illamento do tellado e áreas de tellas rotas ou deterioradas con perigo de desprendemento, ao que engade unha área administrativa obsoleta na súa funcionalidade.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por iso, unha vez esgotadas as canles de comunicación destas incidencias e ante a gravidade que está a tomar o asunto se fai un chamamento a persoas traballadoras e usuarias a participar na concentración do vindeiro xoves, día 19, ás 11:00 horas, diante do Centro de Saúde.

Etiquetas

centro de saudedenunciasanidadeSanta comba
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza
Comarca

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago
Destacado

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago

O PSdeG denuncia o abandono do Casco Histórico e reclama medidas urxentes
Actualidad

O PSdeG denuncia o abandono do Casco Histórico e reclama medidas urxentes

A droga regresa con forza a Santa Marta: «Non é só un problema do barrio, é de todo Santiago»
Destacado

A droga regresa con forza a Santa Marta: «Non é só un problema do barrio, é de todo Santiago»