ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarca

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este domingo o Concerto de Reis

 

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de enero de 2024 a las 14:21

Compartir

 

 

  • Trátase dun recital que contará coa participación de varias agrupacións corais, todas elas do Concello de Ames
  • O recital, que se enmarca na programación municipal de Nadal, terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro ás 19:00 horas

Ames, 3 de xaneiro de 2024.- O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, organiza este domingo 7 de xaneiro un concerto de Reis, no que participarán diversas agrupacións corais de Ames. Este recital, que se enmarca na programación municipal de Nadal, terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro ás 19:00 horas. Os convites xa se poden descargar na Billeteira electrónica do Concello . A entrada será de balde, ata completar aforo.

O programa de actividades de Nadal do Concello de Ames péchase este domingo, 7 de xaneiro, co último dos concertos organizados desde o departamento de Cultura nestas datas festivas. Trátase dun recital que contará coa participación de varias agrupacións corais, todas elas do Concello de Ames.

O evento abrirao a Coral Lojo Batalla, que interpretará Meniño mariñeiro (de Francisco Rey Rivero), Velo que bonito (de Alejandro Zuleta) e Vento do Norte (de Nando Agüeros). Este coro, formado por 15 voces, fai principalmente música relixiosa e colabora nas misas celebradas noutros concellos, ademais de participar tamén na que se emite os domingos na RTVG.

Pola súa banda, a Coral de Piñeiro e Ames cantará Camina Ligero, Manolito Chiquito, Aguinaldo de Ano Novo e Canto de Reis. Esta agrupación naceu no 2002, co obxectivo de dinamizar as eucaristías, tanto dominicais como festivas, das parroquias dos seus integrantes.

Posteriormente subirá ao escenario o Coro Son Elas, que interpretará as pezas Siyahamba, Verde Mar, I will follow him, Amovolovolo e Catro vellos mariñeiros. Formado integramente por mulleres, leva máis de seis anos colaborando e traballando para diversos concellos, entidades e asociacións, así como para programas de televisión, actuando nas súas programacións culturais e de Igualdade. Ademais, tamén desenvolvenconcertos didáctico-musicais nos centros de ensino para achegar a música á mocidade.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por último, a Coral Polifónica de Bugallido cantará O neno durmía (de Paz Valverde9, El león duerme esta noche (arranxo de Jeff Funk) e Preferisco il Paradiso (de Marco Frisina).  Esta polifónica, formada por 30 voces, colaborou na gravación do álbum “Corais do Camiño” xunto con outras oito corais de toda Galicia. O pasado mes de xullo recibiu a Medalla do Concello de Ames, outorgada pola corporación municipal.

Etiquetas

amesconcertoreis
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación