ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

A aula AMTIC do Milladoiro oferta novos cursos de formación nestes primeiros meses do ano

Os contidos das formacións son de temáticas moi amplas, desde aprender as dotes básicas de mecanografía ou navegar na web, ata para atopar emprego a través das diferentes ferramentas que ofrece a rede na actualidade

Líder Redacción

Líder Redacción

7 de enero de 2025 a las 18:38

Compartir

Ames, 7 de xaneiro de 2025.- A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) xa ten preparada a programación para os primeiros meses deste 2025, con cursos dirixidos tanto a adultos coma para menores. As temáticas destes cursos abranguen contidos moi amplos e útiles para o mundo dixital, no caso dos adultos, dende a xestión avanzada do correo electrónico, a busca de emprego ata a mecanografía, e no caso dos menores, un uso avanzado nas ferramentas de busca en liña ou tamén mecanografía. As persoas interesadas en participar nalgún dos cursos poden facelo enviando cuberta a ficha de inscrición ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@gmail.com, chamando a través do teléfono 674 594 843 ou achegándose ata a aula AMTIC do Milladoiro en horario de luns a venres de 10.00 a 12.30 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

A Aula AMTIC do Milladoiro oferta novos cursos de formación para este inicio de ano, tres deles dirixidos para adultos e outros dous para menores. A primeira das formacións dirixidas a adultos é “Busca de emprego a través da internet”, que se impartirá os vindeiros días 15 e 22 de xaneiro, en horario de 17.15 a 18.45 horas. Neste curso os participantes aprenderán e coñecerán o tipo de ferramentas que ofrecen as novas tecnoloxías para atopar traballo, coma por exemplo as redes sociais, os portais de emprego ou as páxinas especializadas na busca de emprego.

Por outra banda, tamén se ofrece unha formación de mecanografía dirixida para adultos, na que o alumnado poderá practicar este habilidade para adquirir unha maior soltura á hora de escribir cun ordenador. Cómpre destacar que este curso pode ser complementario ao curso de iniciación á informática impartido anteriormente pola Aula AMTIC. A formación impartirase todos os mércores desde o 15 de xaneiro ata o 12 de febreiro, en horario de mañá de 10.00 a 12.00 horas.

O último dos cursos planificados pola AMTIC para este comezo de ano é unha formación de xestión avanzada do correo electrónico, que se impartirá os días 13, 20 e 27 de febreiro, en horario de 17.15 a 18.45 horas. Nesta formación, os participantes adquirirán un uso básico do correo electrónico, tanto de Gmail coma Outlook.

Formacións para menores

Para os máis pequenos da casa, a aula AMTIC oferta dúas formacións. A primeira delas é un curso de informática de nivel medio, dirixido a mozos e mozas de 9 a 12 anos. A formación levarase a cabo todos os xoves desde o 16 de xaneiro ata o 10 de abril, en horario de 17.15 a 18.45 horas. O alumnado afondarán no uso de diferentes ferramentas de busca en liña, coma os buscadores ou a Wikipedia, e tamén a utilización de aplicacións coma o Writer ou o formato de texto.

Por outra banda, está previsto que se realice un curso de mecanografía para as crianzas maiores de 10 anos. Na formación, o alumnado empregará diferentes programas dixitais para practicar esta habilidade e coller unha maior soltura á hora de escribir no ordenador. O curso impartirase os venres desde o 11 de abril ata o 23 de maio, en horario de 17.15 a 18.45.

Inscrición

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

As persoas interesadas en participar en calquera dos cursos formativos da AMTIC para estes primeiros meses do ano, tanto adultos coma menores, poderán completar a súa inscrición enviando a ficha cuberta ao enderezo electrónico de informatica.milladoiro@gmail.com, de forma presencial na aula AMTIC do Milladoiro de luns a venres en horario de 10.00 a 12.30 e de 16.00 a 20.00 horas ou chamando ao número de teléfono 674 594 843.

Etiquetas

amesAMTICcursosmilladoiro
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos
Deportes

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán