A AP-9 avanza «cara á gratuidade» a poucas horas de vencer o prazo de Bruxelas
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, afirmou este martes en Vigo que a Autoestrada do Atlántico está “na vía da gratuidade”, cando queda menos de un día para que remate o prazo marcado pola Comisión Europea para que España corrixa as prórrogas da concesión da AP-9 e da AP-66, cuestionadas por vulnerar a normativa comunitaria en materia de contratación pública.